O EIDO DOURADO ACOLLERÁ UN CONCERTO DE JAZZ O VINDEIRO DOMINGO, 29 DE XULLO. ESTARÁ PROTAGONIZADO POLO GUITARRISTA FLAMENTO MARCOS TEIRA.
Barreiros, 27 de xullo de 2012. O guitarrista Marcos Teira protagonizará o vindeiro domingo, 29 de xullo, o concerto de jazz que terá lugar nos xardíns do Eido Dourado en Barreiros. Teira estará acompañado por Alfonso Calvo e Xesús Romero.
O artista barreirense Celso Dourado sinala que “se trata dun concerto ou sesión de jazz que conducirá o grande Marcos Teira, guitarrista flamenco galego, que prácticamente xunto con Cuchús Pimentel son os máis xenuinos representantes da guitarra flamenca no noso país”. Dourado explica que “levábamos un tempo falando con Marcos Teira, él tiña libres estas datas e o vindeiro domingo estará no Eido Dourado. Marcos Teira forma parte, entre outros, do grupo Marful xunto con Ugía Pedreira”.
O concerto dará comezo ás 22 horas, á caída do sol. Marcos Teira á guitarra estará acompañado por Alfonso Calvo ao contrabaixo e por Xesús Romero ao caixón.
“No Eido Dourado os concertos sempre son gratuitos e abertos a todo o mundo. O único que pedimos sempre é ese silencio que fai que os concertos sexan especiais no Eido Dourado. Todos aqueles amantes do jazz e da guitarra flamenca non deben perder esta actuación, eu convídoos a participar. Este concerto aquí na Mariña é unha aposta, é un luxo”, engade Celso Dourado.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



