OS SOCIALISTAS PIDEN NO PLENO QUE O CONCELLO SOLICITE A RETIRADA DA REFORMA LABORAL Ó GOBERNO CENTRAL VISTOS OS SEUS NEFASTOS RESULTADOS
-Dende o PSOE de Cervo subliñan que “necesitamos unha reforma laboral consensuada cos diferentes axentes sociais que se dirixa a crear emprego e a activar a nosa economía”
-Destacaron durante o pleno o papel das mulleres, “son das máis perxudicadas polas medidas do goberno do PP, os seus continuos ataques á Lei de Dependencia e a modificación da Lei do Aborto”
CERVO, 27 DE XULLO. Os membros do Grupo Municipal Socialista solicitaron, no pleno celebrado onte, que o Concello de Cervo esixa a retirada da reforma laboral ó Goberno Central, “é evidente que as medidas tomadas polo equipo de Mariano Rajoy non están dando os resultados que hai pouco máis de sete meses nos prometían”.
A petición do PSOE céntrase na idea de que “necesitamos unha reforma laboral consensuada cos distintos axentes sociais que sexa práctica e útil e que se dirixa única e exclusivamente a crear emprego e incentivar a activación da economía do país, non a todo o contrario como está a suceder. As novas condicións laborais, o abaratamento do despido e o reforzo ó poder dos empresarios, non tivo outro resultado que o aumento de EREs, independentemente da situación económica das empresas, un maior número de parados e un, cada vez máis difícil, acceso ó mercado laboral. Os índices de desemprego, dende xuño de 2009, aumentaron na Mariña ata un 52%. Esta liña non pode seguir o seu ascenso”.
As consecuencias demoledoras da aplicación desta reforma están afectando a toda a poboación, e máis ás clases máis desfavorecidas. Os socialistas de Cervo destacaron o papel das mulleres durante o pleno, xa que cren que “son das máis perxudicadas polas medidas do actual goberno do PP”.
Subliñan que “os continuos ataques á Lei de Dependencia suporán unha forte diminución de servizos, que terán que asumir moitas mulleres, pois seguen sendo, mal que nos pese, as principais responsables de conciliar a vida persoal coa laboral. A falta deste tipo de axudas, fará que moitas delas se vexan obrigadas a abandonar incluso o seu posto de traballo. Por outra banda, a modificación da Lei do Aborto, diminuirá a súa propia capacidade de decisión e se deixamos que continúen por este camiño, perderemos moitos dos dereitos logrados”.
A única finalidade dos socialistas é “instar dende o Concello ó Goberno Central a dar marcha atrás a esta reforma laboral, que se teña en conta un consenso cos axentes sociais e que non se destrúan as conquistas adquiridas en materia de igualdade”.





















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



