O BNG AVOGA POR UNHA MODIFICACIÓN ÍNTEGRA DA POLÍTICA EDUCATIVA DA XUNTA E NON POR POÑER SOLUCIÓNS TEMPORAIS Á SITUACIÓN QUE ESTÁN A SOFRIR OS NENOS E NENAS DO COLEXIO DE SAN COSME. E CRITICAN A POSTURA MANTIDA POLO PP COA MOCIÓN PLANTEXADA POLOS NACIONALISTAS.
Barreiros, 31 de xullo de 2012. O BNG avoga por unha modificación íntegra da política educativa da Xunta e non por poñer solucións e parches á situación que están a sofrir, por exemplo, os nenos e nenas do colexio de San Cosme coa concentración do alumnado de infantil e de primaria. E critican a postura mantida polo PP coa moción plantexada polo BNG e abordada no pleno ordinario de onte.
A portavoz nacionalista, Ana Ermida, sinalou que “ao pleno de onte o BNG levou como xa anunciara unha moción en contra da concentración do alumnado de infantil e de primaria que se está a producir debido aos recortes que está a efectuar a Xunta en educación. Tratábase dunha moción xenérica que podía ser de aplicación ao caso concreto do colexio de San Cosme porque tamén está a sofrir estes recortes e como consecuencia queda sen tres dos mestres que ata o momento traballaban nese centro”.
Ana Ermida explicou que “houbo unha proposta para incluir un punto a maiores dos que xa contiña a moción, relativo a solicitar o mantemento do colexio de San Cosme. O BNG amosóuse disposto a asumir ese punto, si ben non se chegou a un acordo final xa que o goberno municipal non aceptou os puntos que levaba a nosa moción”. Para os nacionalistas “o PP puxo a disculpa de que era unha moción política e que eles creían que non era necesario modificar a política educativa que estaba a levar a cabo a Xunta. O BNG non tivo ningún problema en solicitar o mantemento do colexio de San Cosme, pero non se pode solicitar como algo puntual e que sexa unha solicitude para este ano sen ter que modificar a política da Xunta, xa que os recortes que está a ter o colexio de San Cosme veñen directamente desta política educativa que se está aplicar. Estánse a dar recortes en profesorado, ao transporte, ao material escolar, ás bolsas”.
Para Ermida “non chega con que se produza unha modificación puntual, senón que se ten que producirse unha modificación da política educativa de cara a garantir que os centros de ensino público teñan unha calidade mínima en calquera dos casos. Desde logo o que non se pode facer é apostar por unha solución a curto prazo e que xenera unha inseguridade total nos pais e nais que teñen os nenos neste centro de San Cosme”. A portavoz do BNG en Barreiros indicou que “o que está a pasar con este tipo de debates é incitar a eses pais e nais a que leven aos nenos a outros centros e pola vía dos feitos o que se está a facer é desmantelar o ensino público nese colexio. Por iso o BNG quixo manter a moción tal e como estaba porque entendemos que se trata dunha cuestión política, que son decisións políticas cando se decide recortar en educación pública e en cambio se manteñen os fondos para a educación concertada”. Os nacionalistas consideran necesaria “unha modificación íntegra da política educativa da Xunta e non solucións puntuais para salvarse a cara nun momento determinado”.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



