O BNG DE FOZ SACOU ADIANTE NO PLENO MOCIÓNS EN DEFENSA DO EMPREGO, DO ENSINO PÚBLICO E DA INDUSTRIALIZACIÓN DA MARIÑA
“O PP non pode seguir marxinando a Foz coa construción da Residencia”
“A taxa da depuración aprobada coa abstención do PSOE é inxusta porque en Foz non se depura”
Foz a 29 de xuño de 2012. – O BNG presentou no pleno do mes de xullo catro mocións que saíron aprobadas todas: en contra dos recortes en educación, a favor da industrialización da Mariña, pola construción inmediata da Residencia e do Centro de Día e en contra das medidas últimas do goberno estatal como a suba do IVE, a redución das prestacións de desemprego ou a eliminación da paga extra dos empregados públicos.
En contra da supresión de unidades e dos recortes no ensino público
Para o BNG a decisión do goberno do PP na Xunta de Galiza de continuar a suprimir unidades escolares nos centros públicos de ensino e agrupar a menores de Infantil de 3 e 6 anos con rapaces e rapazas de Primaria de 12 anos resulta moi nociva para a educación pública e mortal no medio rural da Mariña, ao quedar desprovistos de aulas, ter que desprazarse ás vilas limítrofes e contribuír ao seu despoboamento. Por iso, na moción que foi aprobada polo Pleno da Corporación solicitamos que a Xunta modifique a súa política educativa garantindo unha educación pública de calidade, dotando aos centros de ensino público do profesorado necesario para unha educación pública en condicións, e con especial atención a unha discriminación positiva nos concellos do rural.
A favor da industrialización da Mariña
O BNG ve con preocupación a situación que se está a vivir na Mariña dende hai varios anos, onde o drama do paro e as súas consecuencias asolan a nosa comarca, sobre todo desde que Feijoo entrou a gobernar. Dende xuño de 2009 ata o 1 de xuño de 2012 o desemprego incrementouse o 52% na comarca da Mariña, mentres nese mesmo tempo medraba un 38% no conxunto de Galiza e un 32% no Estado. Estamos asistindo polo tanto ao desmantelamento industrial e comercial en toda regra dunha comarca que tiña un tecido produtivo importante e que era unha das economías máis dinámicas de Galiza. Na Mariña estanse a producir expedientes de regulación de emprego a diario que supoñen despedimentos definitivos na maioría dos casos e temporais noutros.
Por iso na moción do BNG solicítase que se poñan en marcha medidas como un Plano de Industrialización para a Comarca da Mariña, a implantación dunha tarifa eléctrica que garanta os postos de traballo en Alcoa e nas empresas auxiliares, axudas ás pequenas e medianas empresas ou a ampliación do Hospital da Costa e o incremento de servizos sanitarios.
O Pleno reclama de novo a Residencia e o Centro de Día prometido
Saíu novamente aprobada unha moción do BNG a favor da construción inmediata da Residencia de Terceira Idade e do Centro de Día e de que a Xunta a inclúa nos orzamentos do 2013. O PP non pode seguir marxinando a Foz desta maneira pois mentres durante este catro anos inaugurou residencias e centros de día en localidades da Mariña con menos poboación e menos identidade que Foz no noso concello non sabemos nada de nada destas obras. “É vergonzoso que o PP xogue desta maneira cos nosos maiores e cun servizo público tan necesario para Foz mentres dedica 1,5 millóns de euros para rematar un asilo ilegal en Chandrexa de Queixa –de 600 habitantes-. Por non mencionar o 1,6 millóns de euros que gastará en festas gastronómicas”, declarou Basanta, o portavoz municipal.
O BNG votou a favor da suba do IPC nas taxas da Escola de Música e en contra da taxa de depuración.
O BNG opúxose á intención do PP de subir as taxas da Escola Municipal de Música nun 50% o que suporía pasar de 67 € a 100 € para menores de 16 anos e de 91 € a 135 € para maiores desa idade. A proposta do BNG foi a de actualizalas coa suba do IPC que non se subiu desde 2008, é dicir, aplicarlles un 9,3 %. Tamén propuxo o BNG bonificacións do 100% para nenos e nenas membros dunha unidade familiar con poucos ingresos e do 50% para os que ingresen menos do 150% do Salario Mínimo Interprofesional. Ao final saíu consensuada a proposta entre todos os grupos, admitindo as emendas do BNG.
O BNG tamén votou en contra da aprobación definitiva da taxa da depuración aprobada coa abstención do PSOE (que foi quen lle dea a concesión é empresa privada que o xestiona) porque en definitiva non existe ningún estudo que deixe claro o custe real do servizo nin podemos imputarlle aos veciños e veciñas unha taxa por un servizo que non funciona ou funciona deficientemente pois está comprobado que se verte directamente á Ría e ao mar.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



