O PP de Ribadeo recorda ás Asociacións de Mulleres do Concello que o vindeiro día 6 de agosto remata o prazo concedido pola Resolución de 3 de xullo de 2012 da Secretaría Seral de Igualdade da Xunta de Galicia (DOGA de 6 de xullo) para presentar as solicitudes de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres
Estas axudas responden ao propósito da Xunta de Galicia de contribuír a fomentar e consolidar ao tempo que a estimular e a dinamizar a vida interna das asociacións de mulleres, na procura da potenciación dos valores e finalidades do movemento asociativo femenino, e a tal efecto establécense dúas liñas de axudas dirixidas á realización de programas de actividades, por unha banda establécese unha liña para a realización de actuacións relativas á prevención, sensibilización e concienciación social que fagan fincapé en sensibilizar ao conxunto da sociedade e destaquen os valores de igualdade e respecto, como premisas básicas na prevención da violencia de xénero, e por outra banda, e en concordancia coas accións que está a promover o Goberno galego para que a poboación galega teña unha maior calidade de vida, tamén se establece unha liña de axudas destinadas á realización de accións que promovan hábitos de vida saudables e de actividade física entre as mulleres.
Dende o PP de Ribadeo somos conscentes da importancia que este tipo de axudas ten para o desenvolvemento de actuacións que contribúan a unha maior concenciación social dos valores de respeto e igualdade, razón pola que animamos a tódalas asociacións e persoas interesadas a que presenten as súas solicitudes ante a Xunta de Galicia, para o que poden recibir máis información no DOG do 6 de xullo de 2012.


















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



