O Goberno galego actúa con “realismo, inmediatez e equidade” e rebaixa a estimación de mercado do prezo da vivenda para adaptala á realidade do sector e deste xeito reduce o imposto autonómico que deben pagar os contribuíntes
BALSEIRO SINALA QUE OITO CONCELLOS DA MARIÑA BENEFICIARANSE CUNHA REBAIXA DUN 7% NO PAGO DO IMPOSTO AUTONÓMICO POLA ADQUISICIÓN OU TRANSMISIÓN DE VIVENDAS
Agora as vivendas valen menos e, en consecuencia, agora se pagará menos pola súa adquisición ou transmisión.
O novo sistema obxectivo do pago do imposto de transmisións e actos xurídicos documentados evita sancións posteriores ou revisións á alza do imposto pagado
Santiago 31 de xullo de 2012.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro asegurou hoxe que a Xunta de Galicia revisará á baixa, para o segundo semestre do ano, a orde anual que regula o sistema de prezos medios de mercado dos inmobles para todos aqueles cidadáns que residen nun total 119 municipios galegos, entre eles oito da Mariña lucense: Barreiros, Ribadeo, Burela, Cervo, O Valadouro, Foz, Viveiro e Xove
A decisión adoptada polo Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo actualiza á baixa “con realismo e inmediatez” a caída nos prezos estimados de venda das vivendas, o que como consecuencia inmediata implica a reducción nun 7% do imposto autonómico que os veciños destes concellos pagan no momento da adquirir ou transmitir (vender, herdar, donar) estes inmobles.
PAGAR O QUE CORRESPONDE
“Quen queira comprar ou transmitir vivendas nos concellos da Mariña lucense sabe que o imposto autonómico que pagará a partir de agora será un 7 por cento inferior ao que viña facendo anteriormente”, explicou Balseiro, quen tamén lembrou que “o obxectivo é que ninguén pague máis do que lle corresponde, é dicir, que si agora as vivendas valen menos, en consecuencia, agora tamén se pagará menos polo imposto que grava a súa adquisición ou transmisión”.
A Xunta de Galicia estableceu en 2010 un novo sistema obxectivo que valora o prezo da vivenda e, en función diso, permite calcular con detalle o valor dos inmobles, segundo o concello do que se trate e o imposto correspondente que ten que pagarse de querer adquirilos ou vendelos. Deste xeito os galegos teñen moito máis sinxelo cumprir as súas obrigacións fiscais con Fancenda, evitando que poida haber algún tipo de sanción posterior ou revisión á alza do imposto pagado.
TRANSPARENCIA E OBXECTIVIDADE
O novo sistema obxectivo para o pagamento do imposto de transmisións e actos xurídicos documentados logra, polo tanto, unha maior transparencia e obxectividade nos criterios empregados na valoracións das vivendas, e garante un tratamento administrativo homoxéneo en todo o territorio, asegurando a equidade. O modelo achega igualmente seguridade xurídica ao cidadán, xa que a Administración se compromete cos valores publicados, e reduce a litixiosidade.
Como é lóxico para acadar todos estes obxectivos o prezo estimado da vivenda debe ser o máis realista posible e axeitado ao valor do mercado de cada zoma. Coa rebaixa dun 7% nestas valoracións, a Xunta estaría a actualizar e adaptar a normativa á realidade que hoxe presenta o mercado inmobiliario, caracterizado por prezos máis baixos e, polo tanto, respecto do que cómpre pagar menos impostos.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



