O próximo 12 de xullo remata o prazo para solicitar as bolsas do programa Re-Acciona
ECONOMÍA E INDUSTRIA PON AO DISPOR DE 200 NOVOS TITULADOS A OPORTUNIDADE DE FORMARSE COMO ESPECIALISTAS NA MELLORA COMPETITIVA DAS PEMES
Os 100 titulados seleccionados tamén poderán prestar servizos en ata catro pemes diferentes, titorizados por expertos
O Programa Re-Acciona conta cunha dotación global de 5 millóns de euros para facer máis de 2.200 diagnoses de competitividade e internacionalización nas pemes galegas e prestar servizos avanzados para aplicar melloras competitivas concretas nas empresas
Santiago, 3 de xullo de 2012.- A Consellería de Economía e Industria pon ao dispor de 200 novos titulados a oportunidade de formarse como especialistas na mellora competitiva das pemes co Plan Re-Acciona. O próximo 12 de xullo remata o prazo de presentación de solicitudes do programa de formación e emprego asociado ao Programa Re-Acciona.
Mediante este programa, a Consellería de Economía e Industria seleccionará e formará a 200 novos titulados, e facilitará a 100 deles a oportunidade de participar nos seus programas de mellora da competitividade, colaborando na implantación de servizos avanzados nas Pemes que os demanden.
O Programa Re-Acciona conta cun orzamento total de 5 millóns de euros para 2 anos. Con este programa, o Igape realizará máis de 2.200 diagnósticos gratuítos de internacionalización e de competitividade; tamén levará a cabo servizos avanzados de alto valor engadido, a custo moi reducido para as empresas, co obxectivo de facilitar a profesionalización e a mellora na xestión, e ademais desenvolver este programa formativo.
Os 100 titulados seleccionados colaborarán na prestación de servizos avanzados nas pemes que se acollan ao Programa re-Acciona; así, os bolseiros poderán chegar a participar en ata catro empresas diferentes, ademais de contar con outro período de formación máis específico durante o período de prácticas. Os seleccionados disporán dun ano de prácticas en empresas, prorrogable por catro meses máis, contando coa supervisión e titorización das empresas especializadas que colaboran co Igape na prestación de servizos de asesoramento ás pemes.
Requisitos
Segundo as bases publicadas no DOG o 12 de xuño, os bolseiros deberán ser titulados –entre os anos 2006 e 2012– en física, matemáticas, química, enxeñería, ciencias económicas e empresariais, administración e dirección de empresas, ciencias empresariais, economía ou dereito. A selección estará baseada no currículo dos solicitantes.
No seu conxunto, o proceso permitirá que os bolseiros accedan a novas competencias profesionais en ámbitos onde a experiencia práctica e fundamental para o desenvolvemento de proxectos, incrementando as súas posibilidades de atopar un emprego de calidade.
Esta iniciativa de formación, especialización e promoción do emprego da Consellería de Economía e Industria está deseñado para reforzar, ao abeiro do re-Acciona, a estratexia dun Igape próximo que achega solucións eficientes ás necesidades reais das pemes e responde á súa reorientación como un Instituto centrado na prestación de servizos avanzados.







Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



