Xa enxoitos da tremenda molladura ca que fumos bendecidos na pasada disputa do “Año Mouro” o 30 de xuño no campo de fútbol da área deportiva e con tempo dabondo para tirar conclusións sobre o acontecido no torneo, damos conta do desenrolo do Torneo Interparroquial de billarda 2012.
Unha vez marcados os tres campos deo en chover, primeiro a modiño de igual xeito que iban chegando os palanadores a Devesa, logo mais forte. Agardando nos vestuarios vemos asomar unha bandeira e termando do mástil, Hevia e a sempre benvida sidrina encabezando a delegación astur. Puxa Asturies…! , e de “tropa de Meira” non hai novas.
Saiu o sol un anaquiño e aproveitamos para voltar a marcar. Donde están os de Meira?, estos perdéronse… alguén comenta: seica se pasaron e van cara ao Leste. Marcos co móvil na orella intenta localizalos e darlles instruccións.
Cansos de agardar comenzamos o xogo os que estamos presentes, as carreiras que non se poidan xogar quedan pendentes. Temos enriba unha raiola de sol que nos convída a comezar xá si queremos parar para xantar a unha hora axeitada.
Con case dúas horas de retraso e logo dun par de “culines de sidra” comeza a loita polo año mouro “albino” (para o vindeiro ano temos que conseguilo negro ou cambiarlle o nome o aberto). Cada equipo irá enfrontándose por turno a cada un dos outros cinco en competición e a suma final dos puntos que cada equipo consiga, dará o gañador do año.
As apostas non estaban claras, a primeira vista Ribilleiros e Riboutros partían como favoritos si ben Meira e Remourelle viñan a por todas, logo faltaba comprobar se o rendemento no campo de “Compromiso LNB” estaba acorde cos mensaxes que lanzaban dende tódolos faladoiros. De Astur-Liriu nin chiu se dixo, é sempre una incógnita que so se despexa no terreo de xogo.
No ceo da Devesa comezan a voar as billardas en dous dos tres campos dispostos:
Campo 1 Asturias Vs. Compromiso LNB. Encontro mais igualdo do que cabia agardar, soio na derradeira rolda os asturianos se viñeron abaixo e perderon por 23 a 27
Campo 2 Remourelle agarda pola chegada de Meira e cando finalmente chegan fanlo arrasando a Remourelle que non dan creto ó empuxe dos tropa e tarda en reaccionar de xeito que acaban perdendo por 28 a 22.
Campo 3 Ribilleiros Vs. Riboutros. O campo que desperta mais expectación por ver o enfrontamento entre os dous equipos punteiros do Norleste; quen gañe dará un gran paso cara o Año. Comezan dominando Riboutros mais so puntualmente e non tardan en verse superados e fican caendo por 29 a 21.
Dos seguintes encontros, aproveitamos que de momento a choiva se foi alonxando, saen estes resultandos: Meira gañou a Asturias por 31 a 19, Ribilleiros fixo o propio con Compromiso LNB por 26 a 24 e Riboutros gañou a Remourelle por 31 a 19.
Os de Meira verquían euforia ameazando ficar ca hexomonia dos equipos ribadenses, en Compromiso tamen a autoestima andaba pola nubes ao porlle as cousas difíciles e ter perdido so por 2 puntos cos Ribilleiros, o resto sin euforias excesivas, só Remourelle semellaba ter perdido o rumbo, acusaron en demasía a derrota fronte os de Meira. Quedaba toda a tarde para recompoñerse e voltar a senda da victoria.
Parada para xantar e reponer forzas; aquí non houbo gañadores nin perdedores, todos en perfecta armonía demos conta dunha mesa ben disposta e abundante donde non faltou de beber e logo de escoitar e rir os obrigados contos de Flores secundado desta volta por Richard, voltamos a competición mais contentos que un San Luis.
De novo a marcar os campos antes de comenzar a xogar por mor da choiva que xa non nos abandonou perante toda a tarde e iba increscendo sen presa pero sen pausa. Nin por esas, estábamos como sopas pero o xogo non se detivo. Cada carreira iba acompañada de escorregadas polo prado e de brincos festeiros. Canto mais choiva mais festa!
Non sei se por mor da auga ou calqueira outro bebedizo, o bo facer dos tropa pola mañan rematou de súpeto. Os Ribilleiros puxéronos no seu sitio gañandolles e os Riboutros ficaron por darlles una boa malleira. Tiveron que se conformar co 3º posto na xeral.
Resultado final do aberto por puntos acadados:
1º Riboutros con 164 puntos que o acreditan como “dono do año Mouro 2012”
2º Riboutros con 148 puntos.
3º Tropa de Meira con 134 puntos.
4º Astur-Liriu con 101 puntos.
5º Compromiso LNB con 98 puntos.
6º Remourelle con 95 puntos e que recibe a “Cullere de pau” como derradeiro clasificado.
Malia merecida victoria de Riboutros por puntos, foron os Ribilleiros os únicos que ficaron invictos no aberto gañando a tódolos equipos participantes. Decir tamen que na clasificación individual o 1º foi Markytos con 44 puntos, seguido de Guille con 41 e de Eric con 36 puntos. O derradeiro posto individual non vou decir quen foi porque como se soe decir o caso é participar e podo asegurar que ainda que a diferencia en puntos sea grande, todos non rimos, todos non mollamos e todos xogamos a billarda que é do que se trata. Forza Estornela! Adiante co Varal!