Pacto PP-PSOE contra o pobo
A oposición do PSOE ás políticas antisociais de Rajoy é unha impostura. O contrario sería dun cinismo atroz, tendo en conta que as executadas polo PSOE no goberno central partillaban de vez o mesmo espírito e orientación neoliberal. O primeiro grande recorte da crise, e o maior da historia até ese momento, fíxoo o executivo de José Luís Rodríguez Zapatero -do que facía parte Rubalcaba- na altura de maio de 2010. Conxelación das pensións, redución nun 5% do salario das e dos traballadores públicos, eliminación do cheque bebé e redución de 6.000 millóns de investimentos públicos. Lembran? O PSOE, ao igual que hoxe o PP, non tivo o máis mínimo reparo á hora de tomar medidas contra a maioría social para satisfacer as esixencias do grande capital.
A pasada semana, o retruque de Rubalcaba ao “recortazo” do Partido Popular, ao marxe de certa escenificación titubeante, foi ofrecerlle a Rajoy un grande acordo de Estado en materia de economía. Cando o PP viña de anunciar un bestial paquete de retallamentos (suba do IVE, redución de traballadoras e traballadores do sector público, conxelación das pensións, redución da axuda de vivenda, empobrecemento da prestación por desemprego…) o principal partido da “oposición” tercia ofrecendo un pacto. Non sorprendería que pola cabeza do social-liberalismo español rondase a idea dun acordo equivalente ao dos “socialistas” gregos, do PASOK, que veñen de propiciar o goberno da dereita conservadora, atendendo o mandato da oligarquía transnacional que dirixe a Unión Europea.
Como poden afirmar desde o PSOE que defenden unhas políticas diferentes ás do Partido Popular cando logo non teñen inconveniente en acordar, con fachenda, unha “posición común” para pregarse diante das esixencias antisociais da UE? Como poden presentarse como alternativa se cando foron goberno rexeitaron sistematicamente todas as iniciativas (dación en pago, reforma fiscal progresiva, banca pública, novo modelo produtivo, redución de gasto militar, na igrexa e na coroa…) que, nomeadamente desde o nacionalismo galego, lle propuñan un cambio de rumbo ?
Malia a súa escenificación parlamentaria e mediatica, o bipartito españolista, o PPSOE, actúa como instrumento ao servizo da clase dominante, dos ricos e poderosos, contra o pobo.
Mais hai alternativa. En Galiza si. A que o outro día por boca de Jorquera reclamaba no Congreso, cunha intervención impecábel pola súa firmeza e compromiso, a dimisión do Presidente do Goberno e manifestaba a frontal oposición ao paquete de recortes. A mesma, que con con insistencia teima en reivindicar que a saída para o pobo galego só pode pasar por un triplo eixo: soberanía, democracia e traballo. A mesma que chama á mobilización o vindeiro 25 de xullo, Día da Patria Galega, para rescatármonos os dereitos que outros nos furtan.
Xabier P. Igrexas

















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



