A Secretaría Xeral de Política Lingüística colaborou nunha exposición en español sobre as vodas, bautizos e comuñóns da familia real
Os únicos textos escritos en galego na exposición eran: “Non tocar”
Carlos Callón: “Mentres Núñez Feijóo fecha servizos de normalización municipais e asfixia os equipos de normalización dos centros, utiliza o diñeiro do galego para facer crónica rosa”
Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2012.- A Secretaría Xeral de Política Lingüística informou de que o titular do departamento, Valentín García, participou o pasado 13 deste mes na clausura da exposición “Crónica da monarquía española no século XX”. O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, pregúntase “como é que o responsábel de fechar servizos de normalización municipais e de asfixiar economicamente os equipos de normalización dos centros de ensino dedica o seu tempo e o diñeiro de todas e todos nestas actividades que non teñen absolutamente nada a ver cos fins de Política Lingüística”.
“A mesma Xunta que, entre outros servizos públicos necesarios, está a aniquilar as políticas de apoio ao noso idioma propio, non ten ningún rubor en usar o diñeiro do galego en promover exposicións coas portadas do ¡Hola! e do ABC sobre as vodas, bautizos e comuñóns da familia real española”, apunta o portavoz da Mesa. Callón, que centra as súas críticas no apoio institucional indebido para esta actividade, pregúntase “cal é o valor normalizador de dita exposición”. Así, “aínda que nela a presenza do galego se reduce aos avisos de ‘Non tocar’, centrou a axenda do secretario xeral de Política Lingüística”.
A Mesa lembra que, desde que goberna Alberto Núñez Feijóo, os orzamentos de apoio ao galego dentro da Xunta “caeron en picado”. “Que unha parte do pouco diñeiro que hai para a promoción do noso idioma se malgaste nunha hiperedulcorada crónica rosa en castelán da monarquía é máis que un síntoma da penosa situación actual”, conclúe o presidente da maior asociación cultural de Galiza.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



