RIBADEO CONTA CON TAXI TURÍSTICO. TRÁTASE DUN NOVO XEITO DE VISITAR A VILA E OS ARREDORES, TANTO NA MARIÑA LUGUESA COMA NO OCCIDENTE ASTURIANO. O SERVIZO FOI PRESENTADO ESTE MEDIODÍA POLO CONCELLO E A ASOCIACIÓN DE PROFESIONAIS DO AUTOTAXI PONTE DOS SANTOS.
Ribadeo, 13 de xullo de 2012. Hoxe presentóuse o Taxi turístico de Ribadeo, un novo xeito de coñecer a vila e a súa contorna. Trátase dunha iniciativa do Concello e da Asociación de Profesionais do Autotaxi Ponte dos Santos.
O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “si desde hai tres anos está a funcionar o bus que vai ás praias, si hai uns días poñiamos en marcha un bus turístico agora, con outras rutas e outros itinerarios diferentes, queremos poñer a andar outra iniciativa. Xunto coa Asociación de Taxis de Ribadeo nace o Taxi turístico, outro xeito de coñecer a vila e os seus arredores, tanto na parte galega coma no Occidente asturiano”.
O Taxi turístico ofrecerá tres rutas aos visitantes. Ribadeo e a súa costa: ruta patrimonial e paisaxística que os levará a coñecer a historia e os lugares máis emblemáticos de Ribadeo. A duración aproximada desta viaxe é de preto de dúas horas. A ruta do ferro: vai desde Ribadeo ata a comarca asturiana dos Oscos. Unha viaxe que os transportará a tempos remotos onte o ferro era un dos motores da vida neste territorio. A duración estará entre as catro e as catro horas e media. E a terceira ruta é A Mariña monumental: do oriente ao centro da comarca, os visitantes farán un percorrido polo patrimonio e a súa historia con vestixios románicos, góticos e medievais, entre outros. A duración nesta caso é de catro horas e media a cinco. O prezo do taxi por ruta oscilará entre os 25 e os 85 euros. Os interesados en obter máis información poden dirixirse ao seguinte número de teléfono: 982 128 111.
O rexedor sinalou que “estánse a importar unha serie de actividades, de rutas e de diseños turísticos que xa se están aplicando noutras poboacións e agora tratamos de botar unha man a este sector nun momento complexo e complicado. Sen dúbida Ribadeo, a pesares de que non teñamos o consumo doutros anos, segue a ser destino preferente e obligado de milleiros e milleiros de persoas, que poden vir en vehículo privado ou en transporte público, e que así teñan o aliciente para seguir empregando o transporte público, o bus ou o taxi, para desprazarse por Ribadeo e pola comarca podendo ver lugares de interés turístico”.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



