
O xoves pasado, día 9, estiveron en Radio Valadouro, no programa Parolando, os nenos dos Campamentos de Verán de Alfoz, que durante unha hora falaron sobre o que lles gusta e o que non lles gusta, sobre o futuro, sobre a vida e a crise e moitas cousas, cantaron cancións e pasaron unha hora divertida no coloquio. Antes visitaran tamén o programa Hugo Rego e a súa familia; Hugo Rego foi o gañador do XII Torneo de Xadrez “Cidade de Viveiro”, na súa categoría Sub 14. Finalmente, tamén visitaron Parolando varios membros da familia Rubal, cuxa empresa “Hijos de Ramón Rubal”, serradoiro de Alfoz, vai recibir o vindeiro sábado, día 11, a Medalla do Concello de Alfoz polos 75 anos que levan funcionando.
Este venres, día 10, clausuráronse os Campamentos de Verán en Alfoz con dous actos moi interesantes. En primeiro lugar a hostaleira Noelia Reigosa ensinoulles ós nenos como elaborar doces sen necesidade de forno; fixeron doces en forma de gusano, de casa, etc. Logo asistiron a unha representación teatral da obra titulada “Pepito o fracasado”, que se fixo no Salón de Actos. O pasado xoves, día 9, asistiran tamén a un coloquio na Radio Valadouro, dentro do programa “Parolando”.