A XUNTA DE GOBERNO APROBA CONVENIOS DE COLABORACIÓN PARA Á PROMOCIÓN DO TURISMO NA MARIÑA POR VALOR DE 115.000 EUROS
O vicepresidente da institución insiste en que “é preciso multiplicar esforzos na promoción turística para paliar os efectos da crise e a subida do IVE no sector servizos así como frear a sangría demográfica do rural”
Antonio Veiga urxe ao Goberno de España unha solución á tarifa eléctrica de Alcoa antes das eleccións autonómicas
![]()
O ministro Industria responde á solicitude de xuntanza da Vicepresidencia da Deputación
Lugo, 31 de agosto de 2012. O vicepresidente da Deputación de Lugo e delegado das áreas de Benestar Social e Deporte, Antonio Veiga, asegura que “as declaracións da delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, nas que afirma que o Executivo Galego segue a negociar co Goberno central para que Alcoa teña unha tarifa diferenciada non son cribles; xa no mes de xuño anunciou que a finais de agosto o problema estaría resolto e, hoxe, último día de agosto, o futuro da factoría e, por tanto, o de centos de familias, segue no aire”.
“Queda demostrado –continuou Veiga- que os anuncios de Arias son meramente propagandísticos e dada a convocatoria de eleccións autonómicas, dende a Vicepresidencia da Deputación pedimos aos representantes do Goberno galego que non inclúan en campaña temas como este que son determinantes para o desenvolvemento económico e social da comarca e que requiren da responsabilidade de todos os partidos.”
Con respecto ás solicitudes de xuntanza remitidas pola Vicepresidencia do ente provincial ao ministro de Industria Enerxía e Turismo e ao conselleiro de Economía e Industria para tratar a permanencia da factoría na Mariña, Antonio Veiga denuncia que tan so recibiu contestación por parte do Ministerio, polo que solicita publicamente, unha vez máis, unha xuntanza co conselleiro Javier Guerra. “Sabemos que os representantes do Partido Popular de Galiza están máis preocupados por gañar as eleccións do vindeiro 21 de outubro, por asegurar os seus postos e por seguir cobrando os soldos máis altos de Galiza, que por pór en marcha políticas que eviten que o número de desempregados continúe medrando, que as pensións galegas deixen de ser das máis baixas do Estado e que a nosa Comunidade deixe de estar á cabeza na redución de mestres e unidades educativas”
No encontro que nas vindeiras semanas manterán o ministro José Manuel Soria e Antonio Veiga, urxiráselle ao Goberno central unha solución para Alcoa antes da celebración das eleccións autonómicas.
Convenios de colaboración
Durante a rolda de prensa Antonio Veiga tamén deu conta da aprobación, na Xunta de Goberno celebrada hoxe, de varios convenio de colaboración da área de Turismo encamiñados a promocionar enclaves estratéxicos da Mariña porque, segundo explicou, “é preciso que as administracións públicas multipliquen esforzos na promoción turística para tentar paliar os efectos que a crise económica e a subida do IVE xa están a provocar no sector servizos, principal xerador de emprego na Mariña”.
Construír un muro de peche de terreo e de contención e pavimentar o acceso ao campo do Souto en A Ponte – Arante, zona coincidente co camiño Norte de Santiago, son os obxectivos do primeiro dos convenios cuxa cuantía ascende a 40.000 euros. Antonio Veiga considera necesaria esta actuación en canto “para o peregrino, Ribadeo é o primeiro punto da súa etapa galega cara Compostela pola Ruta da Costa pero, ademais, porque este camiño da acceso á zona onde se celebra a romaría medieval na que cada ano se dan cita centros de persoas”.
O segundo dos convenios, enmárcase nunha actuación de interese público que incidirá de xeito positivo no sector turístico e hostaleiro de Ribadeo e de toda a comarca da Mariña. Grazas a que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo asumirá os gastos do proxecto ‘Praia das Catedrais’, un total de 40.000 euros, mellorarase o servizo de información turística, dando cobertura á demanda existente de información deste enclave, un dos máis visitados de Galiza. Con este proxecto esta institución e o concello de Ribadeo pretenden paliar as “nefastas” consecuencias da política turística da Xunta de Galiza que “esquece incluír a praia das Catedrais no ‘Top ten turístico’ da Comunidade. Está demostrado que non todas as institucións apostan da mesma maneira pola promoción dos atractivos turísticos”.
O terceiro e último dos convenios de colaboración aprobados, supón unha aportación económica de 35.000 euros para a promoción da actividade artesanal do ferro para que se converta nun motor económico e de xeración de emprego. Para Antonio Veiga “a campaña de promoción turística de artesanía do ferro de Riotorto é crucial polo que significa na mellora da posta en valor do oficio de ferreiro, na mostra dunha cultura peculiar e na aposta por una actividade económica que pode axudar a deter a sangría demográfica que afecta ao rural galego”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



