FERNANDO SUÁREZ PÍDELLES COMPRENSIÓN AOS VECIÑOS POLAS MOLESTIAS QUE POIDAN OCASIONARLLES AS FESTAS PATRONAIS E DEMÁNDALLE SENTIDIÑO Á COMISIÓN DE FESTAS, Á QUE LLE LEMBRA QUE HAI MOITA XENTE QUE TRABALLA E QUE PRECISA DESCANSAR. O ALCALDE FAI UNHA CHAMADA AO RESPECTO MUTUO ENTRE UNHA PARTE E A OUTRA.
Ribadeo, 31 de agosto de 2012. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, pide comprensión aos veciños polas molestias que poidan ocasionarlles as festas patronais e demándalle sentidiño á comisión de festas, á que lle lembra que hai moita xente que traballa e que precisa descansar. Suárez Barcia fai unha chamada ao respecto mutuo entre unha parte e a outra.
O rexedor sinalou que “ao igual que non hai moito tempo moita xente cuestionaba que as festas da patrona de Ribadeo non tiñan a calidade doutras moitas que se puideran celebrar en calquera parroquia de calquera pequeno Concello dos arredores, debo dicir que tanto o ano pasado coma éste a calidade e a cantidade dos eventos dos festexos fai que Ribadeo volte estar no mapa das festas patronais que un concello poida merecer. Isto é importante e hai que valorarllo á comisión de festas porque moitas veces de maneira abnegada, con moitas incomprensións, ten que traballar, recadar diñeiro, etc”.
Suárez Barcia explicou que “digo esto de primeiras porque parece ser que a comisión de festas está molesta porque desde o Concello de Ribadeo lles poñemos algún límite aos horarios máximos das actuacións. Debo dicir que o goberno municipal de Ribadeo e o alcalde o somos para ben e para mal alcalde e goberno para todos, para os que nos votaron, para os que non nos votaron, para os que toman as copas nas festas, para os que sirven as copas nas festas e para os que nas festas durmen porque teñen que traballar ao día seguinte”. O alcalde asegurou que “por todos istes motivos o noso labor é máis complicado porque temos que conciliar intereses contrapostos, hai determinadas liñas que non podemos cruzar e non cruzaremos nunca, nunca cederemos a ningunha chantaxe, aínda que penso que non chegaremos a esa circunstancia”.
O goberno municipal pídelle á cidadanía de Ribadeo “que sexa comprensiva sobre todo os días grandes, o venres e o sábado, onde todo se pode alongar un pouco máis do debido. Pídolles comprensión aos veciños para que fagan o esforzo de aturar ruidos e música máis aló dos límites que poden ser normais. Pero tamén lle pido á comisión de festas que nos días de semana, que son de festa, pero tamén sabemos que hai moita xente que ten que madrugar, que ten durmir e descansar, porque non é igual ter un ou dous días de festa que ter seis ou sete… hai moita xente que se sinte moi incómoda con esta situación porque non poden pegar ollo durante toda a noite e pídolles que, con sentidiño, nos días de semana sexan consecuentes e razoables e que vaian cortando a música de xeito razoable para que a xente poida durmir unha parte importante da noite”.
Suárez Barcia indica que “o se fale de nós por aí adiante repercute no comercio, repercute na propia imaxe de Ribadeo e nós nin estamos nunha parte nin na outra, as festas son de todos, todos temos que saber respectar, porque tamén eses días hai excesos, pero a outra parte debe saber comprender que hai moita xente que precisa descansar”.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



