A Peña Barcelonsita San Miguel organiza un torneo de basket 3*3.
Será xa a 6ª edición e celebrarase o próximo domingo día 15 de agosto.
Como de costume, será na pista deportiva sita a carón da igrexa de San Miguel de Reinante, a partir das 11 horas.
A inscripción é totalmente gratuita e poderán participar persoas de toda-las idades e sexos, podéndo participar equipos mixtos.
A data límite de inscripción é o luns 13 de agosto e para iso ou recibir máis información deben dirixirse ó teléfono 625 82 10 44.
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados, ainda que a intención da peña é a de fomenta-lo deporte e que os participantes pasen unha mañá agradable e divertida.
Dende a peña animamos a todo-los aficionados ó deporte a participar.
