O torneo internacional de volei-praia “Bitter Kas” Praia da Pasada, dará comezo este luns á 4 da tarde
![]()
Tras o inesperado fracaso no torneo de Foz, os afeccionados ao volei-praia da praia da Pasada (San Miguel de Reinante), organizan un ano máis o Torneo Internacional “Bitter Kas” Praia da Pasada. A competición, que se disputará nas tardes do luns 13 e martes 14 de agosto no areal barreirense, dará comezo o luns ás 16 horas, momento no cal se realizará a inscrición. O vixente campión, Javier Reigosa, defenderá o seu título formando parella co que será o principal atractivo do evento, Roberto Casas, que aos seus 26 anos está desplegando o seu mellor volei, se ben non se atopa en plenitude de forma. A parella, que chega coa moral un tanto tocada despois de fracasar no intento de convertir a Reigosa en Pentacampión do torneo focense, terá un dos seus principais rivais no equipo formado por Juanjo Lacasta e Luna Lacasta, que despois de firmar unha discreta actuación en Foz, e coa incorporación de Rulo Alonso, chegan con ánimos renovados á cita da Pasada. Tamén se agarda a participación de varios equipos estranxeiros, principalmente portugueses e brasileiros, entre os que destaca o equipo carioca capitaneado por Carlinhos, que se postula como a principal alternativa para o cambio de ciclo, unha vez confirmada a ausencia da dupla formada por Rodrigo e Guillermo Avendaño. Trátase dunha ausencia destacada, xa que esta parella viña de facer unha pretemporada moi esixente, encamiñada expresamente a afrontar a loita por este título, o que facía que se mostrara moi confiados nas súas posibilidades, como demostran as últimas declaración de Guillermo: “Yo siempre creí en mi volei”. A pesar desta ausencia de última hora, agárdase vivir momentos de volei-praia de alto nivel e convídase a calquera que estea interesado/a en participar a que se achegue á praia da Pasada, o vindeiro luns día 13 ás 4 da tarde, para formalizar a inscrición.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
