Nova carreira nas universidades de hoxe
![]()
Eu penso que os rapaces que teñen dubidas de que carreira deben estudar para ter un porvir neste mundo sen traballo non debían de escoller nas listas que propoñen en setembro nas universidades xa que a maioría deben estar confeccionadas polos alemáns ou calquera pais do norte para ter á mao de obra asegurada. Ben se ve, primeiro mátanse a estudar aquí e o final teñen que saír correndo buscar traballo fora. ¡Que Deus me perdoe pero algunha vez cheguei a pensar si tódalas trabas que pon o BCE con mando en Alemaña si non será para ter eles traballadores ben cualificados e moi baratos e se ben aínda teñen que aprender o idioma xa falaran co noso goberno para que o estuden aquí e así sáelles completo o negocio, Estudios gratis, man de obra barata con xente de sobra preparada, pero non creo, debo ser eu o mal pensado.
Pois como dicía, nas universidades debe haber algunha asignatura ou carreira secretísima que non todos poden chegar a ela. E penso que a maioría que estuda leis ou avogacía son os que máis preto deben estar do segredo que con tanto celo gardan as universidades. Poñédevos a pensar, pero baixiño, non vai a ser que levantemos a lebre,
Un vendedor vende, un enxeñeiro fai cousas, un medico cúranos, un químico (sabe o demo que fai) pero algo fai, e así con todos as carreiras. Esquecíame que un avogado estuda leis para que a xustiza sexa xusta, mais ou menos. Todos estes que nomeo e os que quedan no tinteiro poden chegar a ser servidores do pobo ou políticos. E aquí é onde esta o segredo. Porqué cando deixan a política ás empresas comercias mátanse por telos nas súas nóminas? E un porcentaxe alto son de carreira da avogacía, pero as empresas búscanos para – ¿para que?- falando en miúdo danlles un nome rimbombante conselleiro non executivo, conselleiro adxunto e as veces so conselleiro e moitas cousas mais pero si te fixas so é para vender. Unha empresa estranxeira quer abrir mercado en España e busca un político, unha empresa española quer gañar mercado e contrata a un político, unha empresa non quer que un político se vaia para a competencia e contrata o político. E pregunto eu, non será que esa xente estudou algo en secreto que non estudan na universidade? Había que facer un bo estudo deste tema. E o primeiro seria estudar cantos políticos teñen postos nas empresas que nada teñen que ver co seus estudos nin experiencias na política, e comparar onde esta o seu rango na empresa e que méritos profesionais teñen para desenvolver o traballo que desenrolan. Había que borrar desta lista aqueles que sexan contratados como “Relaciones Publicas” aproveitando que pasaron pola política. Que resultado teriamos?
Xosé Ruiz Leivas

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



