ALFONSO FUENTE ASEGURA QUE A CALIDADE DA AUGA DA PRAIA DE AREALONGA É EXCELENTE, SEGUNDO SE DESPRENDE DAS ANALÍTICAS REALIZADAS POLA CONSELLERÍA DE SANIDADE. O REXEDOR ASEGURA QUE AS CRÍTICAS DO BNG ESTÁN A PERXUDICAR SERIAMENTE AO TURISMO E AO SECTOR HOSTALEIRO DE BARREIROS.
Barreiros, 7 de agosto de 2012. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, asegura que a calidade da auga da praia de Arealonga é excelente, segundo reflicten as analíticas realizadas pola Consellería de Sanidade. O rexedor nega as críticas verquidas nas últimas horas desde o BNG, “non hai problemas de verquidos nese areal e a depuradora de Reinante está a funcionar perfectamente”. O alcalde asegura que as críticas dos nacionalistas están a perxudicar seriamente ao turismo e ao sector hostaleiro de Barreiros.
O rexedor sinalou que “si collemos a hemeroteca da prensa ou de calquera radio vemos que todos os anos o BNG por estas datas quérese facer notar, querer dicir que está aí. É curioso que non diga que está aí o seu vicepresidente da Deputación de Lugo, o señor Antonio Veiga, que diga que está aí para ter as carreteras da Deputación limpas, que diga que está aí para facer investimentos no noso concello. O BNG sempre sae para tentar perxudicar ao equipo de goberno do Concello de Barreiros, é unha cortina de fume para evitar falar da situación na que se atopan as estradas provinciais no noso municipio”.
Fuente Parga insiste en que “a depuradora de Reinante está a funcionar correctamente, e non hai problemas de verquidos. Onte tanto o concelleiro de Medio Ambiente coma eu mesmo nos poñíamos en contacto cos hostaleiros da zona e nos dicían que precisamente este ano está mellor que nunca”. O alcalde barreirense lembrou que “fixemos unhas obras de reparación nesa depuradora, porque precisamente chegado mediados de agosto sempre había algún problema de cheiros que non de verquidos contaminantes, porque son dúas cousas distintas. Os cheiros prodúcense ás veces pola noite, porque se trata dunha depuradora que ten unha balsa descuberta, igual que todas as instalacións destas características que temos no noso concello, e hai vivendas cerca e entón produce algún cheiro”.
O rexedor subliña que “non hai ningún problema de contaminación das augas na praia de Arealonga, porque as analíticas que fai a Consellería de Sanidade así o din. Eses resultados falan dunha calidade excelente, que é o que nos piden para bandeira azul. Ademáis este ano non se rexistraron esas balsas que se producen ás veces na saída dos regatos, e isto é un regato. Non hai verquido, isto é un regato de toda a vida que ven de Reinante dos montes e un pouco máis arriba da súa desembocadura está unha depuradora, pero non hai problema ningún de verquidos e está a funcionar perfectamente esa instalación”.
Alfonso Fuente Parga asegura que non se están a producir problemas no abastecemento de auga a Barreiros, “outros anos nestas datas en Reinante podíamos ter algún problema de abastecemento, pero este ano non está a haber problemas. Ademáis éste está a ser un ano dunha grande seca, igual que ocorreu durante o inverno. Creo que estamos a facer as cousas ben, se fai o que se ten que facer e o BNG chega o verán e para dicir que está aí saca algunha cuestión deste tipo”.
Para o alcalde de Barreiros “o único que están a facer os nacionalistas é perxudicar ao turismo e aos hostaleiros do noso concello. Todo o que din non é certo, porque si fose así o asumiríamos e o arranxaríamos. Esto fáille un daño tremendo a Barreiros, porque cando hoxe alguén vise na prensa que en Arealonga hai un verquido grande os turistas poden decidir non ir alí. Eu o que lles digo aos turistas e visitantes dese areal é que poden ir tranquilos e bañarse. Non van atopar problemas de abastecemento de auga, nin de saneamento, que aproveiten para disfrutar dos nosos areais e do bó tempo que estamos a ter”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



