O goberno de Feijoo en Galiza, unha lexislatura de fraude democrática, de fracaso económico e de políticas antisociais
Despois de máis de 3 anos de goberno de Feijoo ningunha promesa coa que se presentou ante a cidadanía galega foi cumprimida e neste tempo o paro, a pobreza e as desigualdades sociais non fixeron máis que incrementarse.
O desmantelamento económico e social producido en Galiza e na provincia de Lugo ao longo da lexislatura provocou e segue a provocar situacións dramáticas a milleiros de cidadáns cada día. Feijoo presidiu un goberno sen iniciativa que só se dedicou a desmantelar o realizado polo goberno anterior en políticas sociais, no desenvolvemento eólico, en políticas culturais ou de promoción da nosa lingua producindo graves consecuencias sociais e económicas.
Dende a volta do PP ao goberno galego en marzo de 2009 a evolución do paro reflectido na Enquisa de Poboación Activa non deixa lugar a dúbidas do fracaso das políticas económicas e de recortes practicados dende a Xunta de Galiza. Na provincia de Lugo o incremento da taxa de paro dende o 1º trimestre de 2009 ao 2º trimestre de 2012 foi do 95,5%, no conxunto de Galiza do 69,5 % e no Estado do 42%.
Todo isto veu acompañado de perda de poboación e de emigración de xente nova por falta de futuro e de expectativas para poder desenvolver un proxecto de vida.
As políticas dos gobernantes do PP de duros e contínuos recortes provocan máis depresión económica, a privatización e o deterioro dos servizos públicos básicos como a sanidade e o ensino e o abandono das políticas sociais.
O descenso contínuo e mes a mes do índice de produción industrial, a sucesión de peches de empresas e de expedientes de regulación de emprego constatan esta situación.
Traballadores de moitas empresas, autónomos e comerciantes da provincia están a sofrir as consecuencias dunha recesión económica que vai a maiores como consecuencia da paralización do consumo das familias motivado polos recortes, polo paro e as reducións salariais.
As novas imposicións antidemocráticas como a subida do IVE, os recortes nas pensións, nas prestacións por desemprego, nos salarios dos traballadores públicos, na sanidade, no ensino, na dependencia e nos servizos sociais non fan máis que aumentar a crise, as desigualdades sociais e castigar ás persoas máis vulnerables.
O goberno de Feijoo caracterizouse por impor sacrificios enormes á inmensa maioría da poboación, por consentir a estafa realizada a milleiros de galegos nas participacións preferentes e por permitir a impunidade dos que expoliaron as caixas galegas.
Nunca Galiza e a provincia de Lugo estiveron peor. Ante a peor crise dende hai decenios existiu un goberno galego incapaz, que non ofreceu solucións nin ofrece esperanzas de futuro.
O adianto electoral realizado polo Sr, Feijoo responde a intereses partidistas e esconde as verdadeiras intencións de realizar novos e durísmos recortes que van a incluir ata as pensións se gañan as vindeiras eleccións en Galiza.
Galiza e Lugo necesitan un goberno ao servizo dos cidadáns, que incentive o desenvolvemento económico dos nosos sectores productivos e que poña todos os seus recursos para que a toda a cidadanía sen discriminancións poida acceder a servizos públicos de calidade.
Manuel Parga Núñez (Deputado do BNG por Lugo no Parlamento de Galiza)



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



