Cervo traballa na posta en marcha dunha Mesa de Coordinación para a atención ás vítimas de violencia de xénero
-A edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, reuniuse coa xefa de unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno, Ana Belén Pacio, para avanzar no seu desenvolvemento
Cervo, 28 de agosto de 2012-O Concello de Cervo ten a intención de constituír unha Mesa local de Coordinación para a mellora da atención ás vítimas de violencia de xénero. Esta iniciativa ten o obxectivo de garantir, fomentar e desenvolver accións preventivas e unha atención de calidade ás vítimas a través dun organismo que contará con representantes de todos os colectivos implicados. Deste xeito, a mesa estará formada por representantes da Concellería de Servizos Sociais, da Subdelegación do Goberno, do centro de saúde, dos centros educativos, da Policía Local e Garda Civil e do Xulgado así como por un secretario.
A Concellería de Servizos Sociais xa comezou a dar os primeiros pasos para a posta en marcha desta Mesa de Coordinación. Onte mesmo a edil desa área, Pilar Armada reuniuse coa xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno en Lugo, Ana Belén Pacio, co obxectivo de perfilar os detalles desta iniciativa. Unha vez rematados os contactos coa Subdelegación, que é a promotora desta actuación a nivel provincial, a Concellería de Servizos Sociais iniciará todos os trámites previstos para a constitución da Mesa.
Nun primeiro lugar, a edil Pilar Armada porase en contacto con cada un dos colectivos e corpos implicados para informalos da creación da Mesa, así como das súas funcións e obxectivos, solicitando ao mesmo tempo un representante de cada un deles. Unha vez elixidas as persoas que representarán a cada organismo, aprobarase a creación da Mesa de Coordinación por parte do goberno local. Superado ese trámite, poderase convocar a primeira reunión da Mesa, que terá como mínimo unha periodicidade cuadrimestral na súa convocatoria ordinaria, podendo convocarse tamén de forma extraordinaria cando se considere oportuno.
A edil de Servizos Sociais asegura que esta iniciativa “pretende organizar a resposta ou a solución que se presta ante unha situación identificada como violencia de xénero” e engade que “pode contribuír a mellorar a calidade da axuda institucional ás mulleres que sofren unha situación de violencia”. Polo momento, só dous concellos da Mariña teñen activada a Mesa de Coordinación “e dende o Concello de Cervo estamos moi interesados en que esta iniciativa sexa de utilidade, dende a análise dos casos que se poidan rexistrar no concello, a avaliación da efectividade das intervencións efectuadas ata realizar e aprobar propostas de actuación conxunta entre os colectivos implicados” remata Armada.





















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



