ACTIVIDADES SAN BARTOLO – XOVE 2012
Dentro do amplo Programa que o Concello de Xove ten preparado para este San Bartolo 2012, mañá, MÉRCORES 15 DE AGOSTO, teremos as seguintes actividades dentro do denominado DIA DO NENO:
-16:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico: BAOBAB TEATRO coa obra infantil “CONTOS PARA UN CALDIÑO”.
Contos para un caldiño
Sinopse
Andrea Ea Ea Ea é quen de preparar un caldo atípico, un caldo que precisa duns ingredientes moi especiais; o fundamental para esta receita será ter orellas, pero unhas orellas que escoiten. Outros ingredientes importantes que lle darán sabor ao caldiño son os contos; os contos visuais, os de libro e os contos dramatizados con bonitas cantigas.
Con todos estes elementos constrúese, Contos para un Caldiño, un espectáculo no que o público interactúa coa actriz para cociñar. O resultado: un caldiño máxico con poderes especiais…
A montaxe
O espectáculo consiste en ir elaborando unha receita de contos e historias para que así ulan mellor, nos entren polo nariz e poidamos degustalas. Nel, convídase ao público a escoitar e deixarse levar polos contos e os obxectos visuais que se presentan. Así, aparecerá un chapeu que en realidade non é un chapeu; unha ratiña que se transforma nun momento; unha nena/o do público que será quen de debutar coma actriz…
Trátase dunha montaxe moi participativa que serve tanto para interior coma para exterior. Recomendada para nenos e nenas a partir de 3 anos Duración: 45″
-17:00 horas na Praza do Centro Cívico (se está o dia chuvioso, trasladarase para o interior do Pavillón de Deportes: FESTA INFANTIL CON DIVERNENO, con inchables para tódolos gustos: La Granja, Casa Paiasos, Pista Americana, Tobogán 2 Rampas, Multiobstáculos Egípcio e Taller de Maquillaxe.
Todas estas actividades (teatro e a festa infantil) son de carácter totalmente libre e gratuito, polo que aproveitamos para invitar a tódolos nenos/as e rapaces/as a participar nas mesmas.
———————————-
PRESENTACIÓN DO IIIº ENCONTRO DE PALILLEIRAS EN XOVE
Dentro do amplo Programa que o Concello de Xove ten preparado para este San Bartolo 2012, hoxe pola mañá tivemos ás 11:00 horas, no Salón de Plenos do Concello, a PRESENTACIÓN DO IIIº ENCONTRO DE PALILLEIRAS, no que participaron o Alcalde Demetrio Salgueiro, a Concelleira Ana Abad, a profesora de bolillos Mercedes Barro e a profesora de bordado Carmen García.