A executiva municipal socialista de Burela fai públicas as seguintes manifestacións
en relación coas Escolas Deportivas Municipais e coa labor da Delegación de
Deportes do Concello en xeral.
De todos é coñecido que o anterior goberno municipal de Burela, tan denostado
polo Sr. Barcia, o famoso bipartito adicada nos orzamentos do concello unha
cantidade anual que chegou a superar os 50.000 euros para as Escolas Deportivas
Municipais, que vía convenio aportaba ao distintos clubs de fútbol, fútbol-sala e
baloncesto; pois ben, dende o 2011 o actual goberno municipal a cantidade que
adica a estes convenios é cero euros, co agravante de que en determinadas
ocasións se lles cobra polo uso das instalación municipais. Cal era a labor dos
distintos clubs é algo que valoraban os pais dos alumnos/as asistentes ás escolas,
queremos tamén salientar que a formación en valores dos nenos/as en canto a
capacidade de esforzo, do gusto pola actividade física, do traballo en equipo,… son
moi importantes na súa formación como deportistas e como persoas.
Somos conscientes que nas actuais circunstancias, as administracións deben facer
recortes para axustar os seus orzamentos aos ingresos reais, pensamos neste
senso que as cantidades podían ser modificadas, pero entendemos que adicar cero
euros ao deporte de base é a filosofía do equipo de goberno que son capaces de
adicar 100.000 euros aos seus soldos anuais e cero ao deporte de base. No fondo
esta é a súa escala de valores na que está claro que os nenos/as e xoves do
concello non son a súa prioridade.
Por último, queremos pedirlle ao concello, que suprima a Delegación de Deportes, é
inexplicable que teñan unha delegación que non fai nada nin ten ningunha utilidade
para os bureleses. Permitímonos indicarlle ao concello onde pode recortar sen que
os bureleses sufran as consecuencias.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



