O sábado día catro ás 12:30 h é a marea máis alta do mes e unha das maiores do ano, polo tanto este mes toca “paseo acuático”. Saímos as 11:00 do aparcadoiro municipal, en coches particulares. Comenzamos a camiñar na praia de Arealonga en San Miguel de Reinante, despois dun cafetín rápido na Yenka, e vimos pola area ou polos penedos ou pola auga ata onde poidamos. Entraremos nas covas, iremos por pasos estreitos e nalgúns puntos, aínda que non cubrirá, o mais cómodo será botarse a nadar. Este paseo rematará, según o mar que haxa, en Esteiro ou nos Castros, e alí poremos roupa seca e calzado adecuado para vir ata Ribadeo camiñando.
Paseo de agosto da asociación cultural Francisco Lanza de Ribadeo