RIBADEO ACOLLERÁ UNHA ANDAINA SOLIDARIA A FAVOR DE UNICEF O VINDEIRO SÁBADO, 11 DE AGOSTO. TERESA GONZÁLEZ SINALA QUE SE TRATA DUNHA EXCUSA PARA REFLEXIONAR SOBRE A IMPORTANCIA DUNHA BOA ALIMENTACIÓN.
Ribadeo, 8 de agosto de 2012. Ribadeo acollerá a celebración dunha andaina solidaria a favor de Unicef o vindeiro sábado, 11 de agosto, a partires das 11 da mañá. O acto foi presentado esta mañá no salón de plenos do Concello pola presidenta de Unicef en Lugo, Myriam Garabito; polo presidente da Fundación Alimerka, Antonio Blanco; e pola concelleira de Saúde e Servizos Sociais, Teresa González Piñeiroa.
![]()
A edil nacionalista explicou que “esta actividade consta de duas partes: a andaina e unha exposición. No parque de San Francisco haberá unha exposición que leva por título Nutrición e desenvolvmeento: dereitos da infancia. Esta exposición recolle uns paneis que depois, unha vez rematado o acto, formarán parte dunha mostra que estará dividida en dous lugares: na Casa do Concello e na estación de autobuses, onde estará ata o 25 de agosto”. Trátase dunha exposición que forma parte dun proxecto de Unicef que vai percorrendo varias vilas de Galicia.
González Piñeiroa relatou que “a andaina comeza a partires das dez da mañá no parque de San Francisco. Haberá unha mesa da organización onde todas aquelas persoas participantes poderán recoller uns dorsais aboando unha aportación de 2 euros, que irán destinados para programas de saúde, educación e protección que Unicef ten en diferentes lugares do mundo, e daráselles un papeliño que introducirán nunha furna e participarán no sorteo de 3 cestas de alimentos que aporta a Fundación Alimerka”. A concelleira de Saúde e Servizos Sociais dixo que “se trata dunha ruta cunha dificultade baixa, porque partiremos do parque de San Francisco e iremos pola ruta dos muiños das Aceas. Chamamos á participación de todas as personas a que acudan a esta andaina familiar e solidaria. É unha ruta nova que moitas persoas coñecen, pero outras igual e a primeira vez que a fan. É unha excusa para reflexionar sobre a importancia dunha boa alimentación e das diferencias neste ámbito entre os países occidentais e os do terceiro mundo”.
Na andaina solidaria participarán varios membros do Clube de Atletismo de Ribadeo.
Xoguetes para Kenia
Teresa González tamén sinalou que “no Concello rematamos estes días a campaña Dalle unha volta ao nadal, que organizamos hai meses para que ningún neno de Ribadeo quedase sen agasallos naquelas datas. Xa anunciaramos que os xoguetes sobrantes se repartirían entre ONGs, pois ben enviamos tres maletas a Kenia con material escolar e didáctico, mochilas, puzles e zoguetes, a bordo do Jasiri, o barco construido en Asteleiros Gondán e que estes días parte rumbo a ese país”. O material enviado polo Concello de Ribadeo será distribuido pola asociación Anidan.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



