Ribadeo recibiu hai dous días a visita de 50 mulleres de Padrón. Foi unha viaxe organizada polo CIM desa localidade. Logo dunha percorrido guiado pola vila a cargo da técnica de turismo do Concello de Ribadeo, pernoctaron aquí e continuaron a súa viaxe por Viveiro. No Concello de Ribadeo foron recibidas polo alcalde, Fernando Suárez Barcia, e pola concelleira de Turismo, Ana Martínez.
