UNHA MOSTRA ESCÉNICA DIRIXIDA POR MANUEL LOURENZO ENCHERÁ A PRAZA DOS MUÍÑOS DE MONDOÑEDO O SÁBADO
Esta proposta escénica é a visualización do curso de Expresión Teatral “O Corpo e o Espazo” impartido por Manuel Lourenzo dentro das accións formativas Buxiganga 2012
O espectáculo terá lugar o sábado 4 de agosto a carón da Praza dos Muíños de Mondoñedo ás 8 da tarde
Lugo, 1 de agosto de 2012. A praza dos Muíños de Mondoñedo será o escenario onde se visualizará o resultado do curso de Expresión Teatral “O Corpo e o Espazo” impartido por Manuel Lourenzo dentro das accións formativas Buxiganga 2012. Este evento chámase “Tombo Mariñán” e terá lugar o sábado 4 de agosto ás 8 da tarde en Mondoñedo. Baixo o nome de “Tombo Mariñán” agrúpanse un conxunto de textos teatrais escritos para ser «mostrados» nun espazo público de Mondoñedo —cidade onde se localiza o Curso de Expresión Teatral—, en que homes e mulleres da Mariña, procedentes dun pasado recente, conflúen para dar noticia de feitos e pensamentos da índole máis diversa.
Neste espectáculo participarán os e as 14 intérpretes que participaron no curso impartido por Manuel Lourenzo e cuxos nomes poden verse no folleto que se achega xunto a esta nota.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



