O BNG DA MARIÑA CHAMA A MOBILIZARSE CONTRA O DESEMPREGO NA COMARCA
Unha caravana automobilísitica percorrerá, o vindeiro sábado, a ‘Ruta dos Eres’, dende Mondoñedo até a planta de Alcoa en San Cibrao
Antonio Veiga alerta “do desmantelamento do tecido produtivo da Mariña que provocou un incremento do paro do 52% nos últimos tres anos”
A Mariña, 13 de setembro de 2012. O responsábel comarcal do BNG da Mariña, Antonio Veiga, pide á sociedade que se mobilice contra a destrución de emprego que se está a vivir na comarca e chama a todos o mariñaos e mariñás a que participen na ‘Ruta dos Eres’, unha caravana automobilística que sairá de Mondoñedo, o vindeiro sábado ás 17:30 horas, e finalizará na planta de Alcoa, en San Cibrao, pasando por Lourenzá, Foz e Burela, diante dalgunhas das empresas afectadas por expedientes de regulación de emprego.
Veiga alerta da “grave situación que atravesa a comarca debido ao desmantelamento do seu tecido produtivo, o que provocou un incremento do desemprego do 52% nos últimos tres anos. Empresas fundamentais para a estrutura económica da Mariña botaron xa o peche ou están afectadas por Eres de extinción ou procesos concursais; Ecar, en Mondoñedo; Hermida, en Lourenzá; e Mon, en Burela, son só algúns casos”.
Dende as filas nacionalistas manifestan que, a día de hoxe, a súa máxima preocupación é a continuidade da actividade da planta de Alcoa. Neste senso, o responsable comarcal asegura que “o futuro económico e social da Mariña pasa por garantir a continuidade da factoría, algo que non vai acontecer até que se estabeleza unha tarifa eléctrica competitiva que permita manter os 2.000 postos de traballo actuais que xera a planta de forma directa e a través das súas auxiliares, aportando ao redor do 35% do PIB lucense. A deslocalización de Alcoa sería un golpe mortal para A Mariña”.
A agravar esta situación contribúe a delicada situación que vive o pequeno comercio por por mor da suba do IVE, medida que se prevé cause o peche de pequenas e medianas empresas que non poderán facer fronte a este novo contexto económico.
Para os nacionalistas os cidadáns deben mostrar o seu rexeitamento ás políticas neoliberais adoptadas polos presidentes populares Mariano Rajoy e Núñez Feijóo e que, segundo explica Veiga, “están a cargar o peso da crise nos máis débiles. Coa ‘Ruta dos Eres’ pretendemos charmar a atención dunha situación insostíbel e reclamar a posta en marcha doutro tipo de medidas para saír da crise e que sitúen no centro do sistema o benestar dos cidadáns”.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



