SESIÓN PLENARIA EXTRAORDINARIA O VINDEIRO MARTES, 18 DE SETEMBRO, NO CONCELLO DE BURELA “PARA DEBATIR SOBRE O GRUMIR E PARA ADOPTAR ACORDOS”, SEGUNDO SUBLIÑA O ALCALDE.
Burela, 14 de setembro de 2012. O vindeiro martes, 18 de setembro, ás 10 da mañá celebraráse un pleno extraordinario no Concello de Burela “para debatir sobre o Grumir e para adoptar acordos”, segundo subliña o alcalde, José Mª González Barcia.
A sesión plenaria foi solicitada hai unhas semanas polo grupo municipal socialista para analizar a actuación do Grumir no incendio rexistrado nun local de hostalería. O rexedor asegura que “o equipo de goberno non tiña intención algunha de pospoñer ou demorar dito pleno, porque non temos nada que ocultar, eu ratifícome nas declaracións que fixen no seu día, e ademais imos debatir o martes sobre o Grumir, pero imos ter un debate, debate”. González Barcia indica que “imos levar ao pleno unha proposta de acordo, porque esto non é un circo, e os partidos políticos terán que posicionarse”.
O alcalde engadiu que “a petición do PSOE é debatir, pero para non acordar nada e teño que dicirlles, por si non o saben, que aos plenos dos Concellos váise a adoptar acordos fundamentalmente. E neste asunto, coma noutros, cada grupo terá que posicionarse”.
José María González Barcia tamén adiantou que o pleno para proceder á elección dos membros das mesas electorais será probablemente o vindeiro 24 de setembro