Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.
Os populares celebran que o goberno mindoniense corrixa unha decisión equivocada
O alcalde de Mondoñedo só acerta cando rectifica e acepta en parte as alegacións do PP e veciños ao variar a prohibición de estacionamento na Fonte Vella
O Grupo Municipal do Partido Popular manifestouse critico polos problemas de estacionamento que conlevaba a obra do entorno da catedral, e pola prohibición de estacionar nesta zona sen ofrecer alternativas ao respecto dificultando o día a días dos veciños desta zona
O PP agradece o traballo e loita dos veciños, responsablemente e con rigor na defensa dos seus intereses, e do comercio local, que trasladaron ao equipo de goberno as súas queixas ante esta situación carente de consenso, ao tempo que reitera a súa dispoñibilidade cos mindonienses, co obxectivo de titular e defender os seus intereses
Os populares aseguran que o sectarismo político do rexedor local conleva que o equipo de goberno só acepte en parte as alegacións presentadas, xa que os veciños seguen a sufrir o caos para estacionar no entorno do centro de saúde
Mondoñedo, 15 de setembro de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo trala actitude xestora do goberno municipal caracterizada en numerosas ocasións pola imposición e a falta de consenso, asegura que o rexedor mindoniense, o nacionalista Orlando González, só acerta cando rectifica. Os populares fan estas declaracións en base as novas publicadas nos medios, (xa que os populares non recibiron ningún tipo de información), nas que o responsable en materia de tráfico asegura que se variará a prohibición de estacionamento no entorno da Fonte Vella escoitando en parte así as alegacións presentadas tanto polo Partido Popular como polos veciños da zona.
A xestión en materia de Tráfico do goberno nacionalista e do PSOE xerou malestar nos veciños, dado a intencionalidade de prohibir estacionar na zona sen ofrecer alternativas ao respecto, unha situación que se veu incrementada co pésimo resultado nas obras da catedral “un exemplo de dilapidación de diñeiro público”.
Os populares consideran que esta obra inutilizou o entorno da praza do seminario e máis dificultou a circulación na zona. A colocación de cadeiras e pedras sen utilidade definida neste entorno xa conlevou consecuencias negativas para os veciños, provocando choques de vehículos contra os bloques de pedra asentados na zona. O Grupo Municipal do Partido Popular criticou en numerosas ocasións que esta obra dificulte o aparcamento na zona, sobre todo para os veciños destas rúas, dificultando o día a día dos residentes que se atopaban sen alternativas ao estacionamento. O PP lamenta que o sectarismo político leve ao rexedor local a estimar só en parte as alegacións presentadas, e o caos para estacionar no entorno de saúde segue sen resolverse.
A presión reiterada do PP e o malestar dos veciños parece que lle fixo ao nacionalista Orlando González modificar a súa actitude xa que o equipo do BNG e do PSOE no concello de Mondoñedo ata o día de hoxe non acordara cos veciños un plantexamento serio en materia de tráfico.
O Partido Popular manifestou en todo momento e reiterou a necesidade de acordos consensuados e pactar unha reordenación de tráfico na cidade, facilitando e sensibilizando a poboación o uso razoable e respectuoso dos espazos que fomente a convivencia de peóns e vehículos, conlevando un aspecto dinamizador da riqueza para o comercio e a hostalería mindoniense.
Os populares seguen a lamentar a pésima política de tráfico no entorno do centro de saúde, que dado ao reducido número de prazas de estacionamento, incluso non hai zona reservada para minusválidos, está a conlevar problemas de aparcamento para os veciños que acoden ao centro de saúde. Tanto é así, que foron reiteradas as criticas manifestadas polos mindonienses polo elevado número de multas nas inmediacións. Candia explica que a política de tráfico do grupo do goberno é “criticable e indigna e máis cando vai dirixida a persoas que con caracter de urxencia se ven obrigados a asistir ao PAC”. Os populares solicitaron a habilitación en horario de maña, unha zona de aparcadoiro en batería na alameda para poder acceder ao centro de saúde, que non foi aceptada.
Os populares agradecen que o rexedor local corrixa unha decisión equivocada , e que aínda que sexa con falta de verdade, de democracia e de transparencia, dean a razón as peticións do PP. De igual maneira, o PP de Mondoñedo agradece o traballo e loita dos veciños, responsablemente e con rigor na defensa dos seus intereses, e do comercio local.
Candia cre que esta actitude de procura de consenso e de solucións sempre a prol dos traballadores é a pauta de traballo a seguir, antepoñendo sempre a actividade económica dos negocios e autónomos das rúas afectadas. Os populares reiteran a súa dispoñibilidade de axuda aos veciños, e de tutelar e defender os intereses dos mindonienses, e traslada unha mensaxe de serena noraboa aos afectados, dado que entre todos se posibilitou que o bipartito rectificara nunha decisión errada.



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



