ACADEMIA A Mariña IMPARTIRÁ NOS PRÓXIMOS MESES CURSOS OFICIAIS DE APLICADOR DE BIOCIDAS, BENESTAR ANIMAL, ATENCIÓN XERIÁTRICA, COIDADOS DE ENFERMERÍA NOS MALOS TRATOS INFANTÍS, LEGIONELA, GASES FLUORADOS E SEGURIDADE PRIVADA. A NOVA OFERTA DO CENTRO TAMÉN INCLÚE FORMACIÓN ESPECÍFICA EN DIVERSOS PROGRAMAS INFORMÁTICOS.
Burela, 5 de setembro de 2012. Academia A Mariña presenta a nova convocatoria de cursos para o outono/inverno de 2012. O centro impartirá ao longo dos próximos meses cursos oficiais de aplicador de biocidas, benestar animal, atención xeriátrica, coidados de enfermería nos malos tratos infantís, legionela, gases fluorados e seguridade privada.
Ademais Academia A Mariña oferta cursos específicos de informática: solidworks; adobe photoshop CS5, retoque e tratamento de imaxes; autocad 2013 en 2D e autocad 2013 en 3D.
Desde a dirección do centro aseguran que ?en Academia A Mariña, como centro de formación, temos a obrigación de achegar ás empresas e traballadores aqueles cursos que son demandados e esixidos desde calquera organismo, convencidos de que a formación é o eixo dun bo profesional, que a formación fainos competitivos, dá autonomía, rompe esquemas, abre horizontes e que debe acompañarnos ao longo de toda a vida. É un imperativo de mercado?.
As empresas e persoas que desexen obter máis información poden dirixirse á web: www.amarina.org. ?Desde ela podedes facer a inscrición. Ante calquera dúbida, facilitámosvos o teléfono de consulta e gratuíto, 900 10 13 62?, engaden desde a dirección de Academia A Mariña. E recordan que ?os traballadores asalariados poden facer estes cursos por Formación Continua, con custo CERO para a empresa?.