Os socialistas manipulan a realidade
Balseiro asegura que o PSOE minte sobre o seu soldo e reta aos socialistas a demostrar as cifras documentalmente
No PSOE teñen sinxelo comprobar que a cifra que dan é falsa xa que o soldo que percibe Balseiro é idéntico ao do representante socialista na Mesa da Cámara, un cargo que ata hai pouco ocupaba o ex secretario dos socialistas lucenses Ricardo Varela e que agora ostenta Francisco Cerviño
Lugo, 5 de setembro de 2012.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro asegura que o PSOE está a ofrecer datos totalmente falsos e manipulados sobre o seu soldo coa única intención de enganar á cidadanía. Balseiro reta aos socialistas a que demostren documentalmente que cobra 120 mil euros anuais -como eles aseguran- e amósase convencido de que desde o PSOE non poderán facelo, “porque é unha gran mentira”.
“Non cobro 120 mil euros, nin como soldo líquido, nin como soldo bruto. E xa está ben que estean a mentir dun xeito tan descarado sobre algo que ademais é un soldo oficial. De feito a cifra real líquida e case a metade da que asegura o PSOE”-dixo Balseiro- “e non teño ningún problema en aportar a miña nómina, pero que eles tamén intenten demostrar o que din documentalmente, e se non o fan quedan como uns auténticos mentirosos, que é o que son neste caso”
O deputado popular aclara que os socialistas teñen sinxelo comprobar que a cifran que dan é falsa xa que as súas retribucións son idénticas ás do representante do PSOE na Mesa da Cámara, un cargo que ata hai pouco ocupaba o ex secretario dos socialistas lucenses (hoxe senador) Ricardo Varela e que agora ostenta Francisco Cerviño.
Jose Manuel Balseiro contrapón a transparencia do soldo dos deputados co comportamento do PSOE na Deputación que ficha a dedo asesores, que non foron elixidos polas urnas, e aos que paga soldos con diñeiro público para que actúen como comisarios políticos.
RENUNCIA A TODA PERCEPCIÓN ECONÓMICA
Por outra banda Balseiro sinala que non necesita ningunha lección do PSOE e lembra que desde o 2005, data na que foi elixido nas urnas como deputado no Parlamento de Galicia pola provincia de Lugo, ten renunciado voluntariamente a percibir ningún tipo de salario, nin pasou nin unha soa dieta na súa condición de tenente alcalde do Concello de Cervo. E contrapón esta actitude á de Lara Méndez, vicepresidenta provincial e concelleira en Cervo, que si recibe un soldo da Deputación e tamén pagos do Concello, por exemplo, por asistencias a plenos.
A mesma manipulación na que incorren os socialistas co soldo de Jose Manuel Balseiro, acontece no caso de Jose Manuel Barreiro, presidente dos populares lucenses e portavoz desta formación política no Senado




















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



