ALFONSO FUENTE ASEGURA QUE O CONCELLO DE RIBADEO CARECE DE AUTORIZACIÓN OFICIAL DE AUGAS DE GALICIA PARA CAPTAR AUGA DO REGATO DA BARRANCA, AÍNDA QUE O LEVA FACENDO MOITOS ANOS. O REXEDOR LEMBRA QUE BARREIROS ESTÁ A ABASTECER DE AUGA AOS IRMANDIÑOS, AO CAMPAMENTO DA DEVESA E AO RESTAURANTE DA PRAIA DAS CATEDRAIS, INSTALACIÓNS TODAS ELAS UBICADAS EN SOLO RIBADENSE.
Barreiros, 25 de setembro de 2012. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, asegura que o Concello de Ribadeo non dispón de autorización oficial de Augas de Galicia para captar auga do regato da Barranca, aínda que o leva facendo moitos anos. O rexedor non quere polemizar, pero lémbralle ao alcalde de Ribadeo que Barreiros está a abastecer de auga á cooperativa Os Irmandiños, ao campamento da Devesa e ao restaurante da praia das Catedrais.
Fuente Parga aseguraba esta tarde que “desde Barreiros sorprendía hoxe escoitar as declaracións do alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, amigo meu e co que non teño ningún problema. Sorpréndeme esas declaracións, pero creo que son motivadas pola información que lle fan chegar os seus compañeiros de partido e concelleiros en Barreiros, o señor Veiga e a señora Ermida. Eles non lle trasladan a información correcta e por eso o alcalde de Ribadeo di o que di. É verdade que durante o pleno de onte o señor Veiga se dedicou máis a atender o seu móvil, preocupado polos problemas da Deputación Provincial, e a señora Ermida está máis pendente de dar mítines que doutra cousa”.
O rexedor barreirense explicou que “o alcalde de Ribadeo xustifica que esa captación leva funcionando moitos anos sen problema, sólo faltaría…o Concello de Ribadeo capta a auga antes que o de Barreiros, capta a que necesita e a que lle sobra e que baixa polo río é coa se queda Barreiros. Aínda que en Ribadeo é para abastecer unha parroquia, no caso de Barreiros é para abastecer dúas parroquias, a de Santiago e a de San Miguel de Reinante, que foron as que tiveron problemas de abastecemento máis serios durante este verán, sobre todo durante unha semana”. E seguiu a relatar que “esta depuradora abastécese dese regato da Barranca, este verán non lle chegaba a auga, nós preguntábamos por qué non lle chega, e ao ir comprobar vimos que o Concello de Ribadeo estaba a captar a auga. Nós non nos opoñemos a que capte auga e eu así o manifestei desde o primeiro momento, o Concello de Ribadeo ao igual que o de Barreiros temos que captar a auga dos regatos, o que pasa é que temos que captala a través dunha orde que nos dea un organismo e que nos diga canta podemos captar, primeiro para repartila entre os dous Concellos e segundo para manter o caudal ecolóxico do río”.
Alfonso Fuente indicou que “o Concello de Barreiros se dirixiu a Augas de Galicia e eles nos contestan que o Concello de Ribadeo non ten ningunha autorización para captar auga, entón a min me da igual que leve 16 anos ou 25, está a actuar de forma irregular e hai que actualizar esa situación. E eso é o que lle pido ao Concello de Ribadeo ao igual que o está a facer o Concello de Barreiros. Barreiros leva cun embalse feito 20 ou 25 anos e tampouco tiña autorización para captar auga e estamos a tramitar esa autorización. E será Augas de Galicia a que nos diga a que podemos captar cada Concello e haberá que aterse a esa contestación. Si nos deixa coller cinco litros por segundo colléremos esa cantidade e si nos deixa coller dez litros por segundo colléremos eses ou os que nos adxudiquen, pero de forma que se reparta. E outro dos problemas que se produciron este verán foi que se estaban a realizar obras no embalse e eso producía que baixara menos auga para a depuradora”.
O alcalde de Barreiros considera que “os recursos que hai temos que repartilos. Eu non digo que Ribadeo non o estea a facer ben, está a captar auga dun regato, como temos que facer todos os Concellos. Todos temos que tramitar esas autorizacións de captación, ter todo en regla e aternos ao que nos digan. Cando hai problemas de seca o alcalde de Ribadeo e o Concello queren ter ben atendidos aos seus veciños, igual que quere o alcalde de Barreiros ter ben atenidos aos veciños de Barreiros”.
Convenio
Alfonso Fuente tamén aludiu ás declaracións realizadas esta mañá polo alcalde de Ribadeo e nas que lle botaba a culpa ao Concello de Barreiros porque deu 6.000 licenzas cun fío de auga, “evidentemente igual que o alcalde de Barreiros non coñece o sistema de auga que ten Ribadeo tampouco o alcalde de Ribadeo coñecerá cómo ten o abastecemento de auga o Concello de Barreiros. Ao fío desas 6.000 licencias, que non están executadas todas, nós daremos garantía e xa nos movemos para cubrir os servizos, e a obra que se fixo é unha obra contemplada no convenio asinado entre a Xunta e a Deputación. Onte lle insistín e lle comentei ao señor Veiga que me dixera si a Deputación ao 100% apoiaba este convenio, díxome que no que só ao 50%. Eso é o que pasa nos bipartitos, un tira para un lado e outro para o outro lado. Esto é o que tamén nos pode pasar na Xunta de Galicia si salen dous, tres ou catro partidos a gobernar, porque cada un tirará para o seu lado”.
Fuente Parga quixo facer un pouco de memoria “e tamén teño que decirlle ao alcalde de Ribadeo que ao campamento da Devesa, á fábrica dos Irmandiños ou ao restaurante que hai nas Catedrais lles estamos a subministrar nós auga desde Barreiros, porque o Concello de Ribadeo aínda non fixo a traída ata esa zona da Devesa e no caso dos Irmandiños está compartida. Hai anos que o Concello de Barreiros tivo que dar auga a esa industria para que se montase aí e o tivo que facer no seu momento para que na praia das Catedrais houbese unha infraestructura hosteleira. Non é con ánimo de recriminar, senón de recordar que o Concello de Barreiros tamén está a dar servizo de augas a veciños de Ribadeo”.
Colaboración entre Concellos
O rexedor barreirense insistiu “co ánimo de seguir colaborando entre os dous Concellos o que lles dixen no pleno foi que me ía dirixar ao alcalde de Ribadeo para que tramitase a alta de captación dese regato. O primeiro que capta no río capta a que presica, pero senón invito ao alcalde de Ribadeo a que o vindeiro verán nós poñamos as bombas de captación antes que as de Ribadeo e despois veremos si Ribadeo ten problemas ou non nalgunha parroquia. Non hai polémica nin co alcalde de Ribadeo nin co Concello de Ribadeo. Todos debemos facer as cousas ben, e non polo feito de levarse facendo moitos anos quere eso decir que se fan ben”. E recalcou “como papeles calan bocas nós antes de facer ningunha manifestación solicitámoslle a Augas de Galicia que nos dixese si había algunha solicitude de captación de auga dese regato, porque ao mellor nos estabamos a equivocar nosoutros no sentido de que si xa había unha captación moi grande para outro Concello igual non investiríamos en infraestructuras porque non iamos ter caudal. E a nosa sorpresa é que Augas de Galicia nos contesta que non ten autorización algunha Ribadeo”.
Alfonso Fuente Parga quere “que non se entenda este tema como partidista, porque desde o Concello de Barreiros tamén nos diriximos a Augas de Galicia para que controlase o vertido das depuradoras de Mondoñedo e de Lourenzá porque estabamos detectando nas análises que faciamos na captación de auga de Celeiro que traía unha alta carga contaminante, algo que nos obriga a gastar máis na depuradora de Celeiro para que esa auga se poida consumir óptimamente por parte dos nosos veciños. Río arriba no Masma existen esas dúas depuradoras de residuais de Mondoñedo e de Lourenzá e terán que controlar o seu vertido, e a competencia para facer dito control é de Augas de Galicia”.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.