Os 110 alumnos do CEIP nº1 de Cervo estrean o novo pavillón rematado logo dun investimento da Xunta de case 500.000 euros
-O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, visitou hoxe o centro e participou no encontro coa dirección do colexio que mantivo a delegada territorial, Raquel Arias, que valorou de xeito satisfactorio o inicio de curso escolar neste centro
Cervo, 13 de setembro de 2012-O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, visitou hoxe o Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) nº 1 de Cervo e participou no encontro que a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, mantivo coa dirección do centro para avaliar o inicio do curso. Villares destacou que o comezo do período escolar 2012-2013 desenvolveuse “de maneira normalizada” neste centro de ensino no que, “o feito máis sobresaínte é que os rapaces puideron estrear xa o novo pavillón polideportivo”.
O rexedor incidiu en que se tratou dunha obra de culminación, na que se fixo realidade un proxecto que se comezou a executar no 2005, “e que se paralizou só porque algún goberno preferiu deixalo a medias”. O mandatario cervense destacou que todo cambiou coa chegada do actual executivo autonómico, ao que agradeceu “o seu compromiso e a súa sensibilidade coa necesidade de rematar esta obra”.
As obras de finalización do pavillón polideportivo foron financiadas pola Xunta de Galicia, nas que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria investiu 441.000 euros.
Os 110 alumnos deste centro cervense (36 de Educación Infantil e 74 de Educación Primaria) dispoñen a partir de agora dunhas instalacións completas para a práctica de exercicio. O mandatario cervense sinalou que “a posta en marcha desta dotación, logo do remate da fase que estaba pendente, supón unha moi boa nova para a comunidade educativa deste centro, pero tamén para todo o conxunto dos veciños do municipio”, e que dispoñen dunhas instalacións “específicas, amplas, modernas, versátiles, máis axeitadas á realidade de Cervo e que permiten facer máis dinámicas as clases de educación física, así como aproveitar o novo espazo para futuras actividades e utilizalo a modo de patio nos días de chuvia”.
Pola súa parte, Raquel Arias valorou tamén de xeito satisfactorio o proceso do inicio do curso escolar neste centro, no que se produciu un incremento e modernización das súas dotacións.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



