O alcalde de Foz Javier Castiñeira, ven de reunirse con Agustín Hernández, Conselleiro de Medio Ambiente, territorio e infraestructuras da Xunta de Galicia, para abordar diferentes cuestións relacioadas co Concello de Foz.
Entre outras, anunciaron a pròxima adxudicación da obra da de Beirarrúas en Cangas no próximo comenzo do mes de outubro, co obxetivo de que esteñan rematadas antes do termino deste ano, tal e como se comprometeron cos veciños no pasado mes de xuño.
Unha obra de especial importancia para a parrroquia, que leva moitos anos reclamando esta inversiòn pola seguridade dos moitos viandantes que usan a vìa diariamente.
O Alcalde agradeceu o compriso do Conselleiro Hernàndez co Concello de Foz, posto que ademáis desta obra, reafirmou a calzada desta mesma vía o ano pasado e neste mesmo rematou e entregou os novos depositos da rede de abastecemento, dotou de beirarrùas tamén a antiga carretera de Foz a Ferreira, e hai poucos dìas procedeu con Augas de Galicia a limpiar o cauce do Rio Ouro que levaba anos con centos de árbores atrancadas por mor dos ùltimos temporales.
Castiñeira comentou a necesidade tamèn de abordar a II fase do saneamento de S Acisclo, no que o Conselleiro è consciente da necesidade, e que no momento que poda afrontar o gasto serà unha das prioridades dos investimentos no Concello mariñán.
O compromiso da xunta con este tipo de equipamentos básicos è patente no caso de Foz onde se està a traballar na nova Depuradora focense, que nas próximas datas deberà ter a ubicaciòn definitiva que darà a corporación.
Nese sentido Castiñeira recoñece a dedicación dos tècnicos de Augas, que estàn poñendo os màximo esforzo para que a corporación se acabe decidindo por algun dos emplazamentos propostos.
Na próxima semana, saberase se è posible sumar ás 2 alternativas existentes de Forxán e Sarrido, unha terceira dado que se està estudando se é posible e viable a Ampliacion da actual Edar de Foz.
O Alcalde quere que no mes de outubro a Consellería poda empezar a traballar, unha vez esteña decidida a Implantación, no novo proxecto da Edar.
Castiñeira tamen falou de Urbanismo co Conselleiro, que nos mes de xullo foi capaz de retomar o finanzamento do PXOM parado dende o 2008 polo anterior alcalde, e que posibilita que o concello poda na próxima primavera expoñer ao pùblico o novo documento no que se empezarà a traballar a próxima semana por parte do equipo redactor.
A boa relacion entre ambas instituciòns è evidente e proba delo foi o éxito na organizaciòn do Acto de entrega de bandeiras azúis o pasado mes de Xuño na localidade mariñán na que o Conselleiro e o Alcalde se reuniran por ùltima vez.






















Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



