O BNG XA PRESENTOU EN XUÑO UNHA PROPOSICIÓN NO CONGRESO PEDINDO AO GOBERNO UNHA TARIFA ELÉCTRICA PARA GRANDES EMPRESAS COMO ALCOA
Jorquera acusa a Feijoó e ao Goberno central de “non facer nada para solucionar este importante problema” e de conducir a Galiza a “un deserto industrial”
Madrid, 12 Setembro 2012. O BNG reaccionou con antelación ao problema da planta de Alcoa en San Cibrao, presentando xa o 8 de xuño unha proposición non de lei demandando ao Goberno unha tarifa eléctrica para grandes empresas industriais que garanta a súa actividade como é o caso de Alcoa na Galiza.
Desde entón, e á luz das informacións que acabamos de coñecer, puntualiza Jorquera, “é evidente que nen o Goberno central nen a Xunta se preocuparon por solucionar esta cuestión que ameaza con converter a Galiza nun grande deserto industrial. De novo, como sucede co sector naval, estamos ante unha Xunta e un Executivo central que aparentan facer pero non fan nada a pesar de que se comprometeron a dar unha resposta a finais de agosto”.
Alcoa precisa saber se vai dispór dunha tarifa enerxética competitiva antes do 5 de outubro, una prazo relacionado cos prazos para pechar os contratos cos seus clientes para o vindeiro ano. Onte houbo unha xunta en San Cibrao e esas son as informacións que trascenderon.
Na proposición non de lei do BNG tamén se plantexa que se condicionen as medidas a evitar a deslocalización destas industrias, ao mantemento do emprego e das condicións socio-laborais, tanto da empresa principal como nas auxiliares.
O candidato do BNG á Presidencia da Xunta explica na proposición non de lei que a “incerteza sobre o desenvolvemento normal da actividade nos centros de Galiza, San Cibrao e A Coruña, garda relación cos custes enerxéticos xa que supoñen entre o 35 e o 40% da producción de Alcoa na Galiza. Sen esquecer que este ano remata o contrato de subministro eléctrico que a empresa mantén cunha distribuidora”.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



