Bernardo Fraga Galdo con domicilio a efectos de notificación en Avda. de Ferrol nº20 Entrechán 20-A, en nome e representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Viveiro, presenta a seguinte:
MOCIÓN PARA GARANTIR A SEGURIDADE DAS VECIÑAS E VECIÑOS DE VIVEIRO NA ESTRADA LU-862 AO SEU PASO POLA CASANOVA.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A estrada LU-862 está a ser reparada por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galiza, coa colocación dun novo pavimento, nova sinalización horizontal e vertical, e novas beirarrúas entre a zona de Lodeiro e o Plantío en Celeiro. Esta obra, moi demandada polas veciñas e veciños do noso Concello, foi por fin executada, e está a piques de rematar, logo de numerosos retrasos para a súa execución. Cabe destacar, a mellora nas condicións de circulación dos vehículos ao seu paso por Viveiro, así como a mellora na sinalización e na seguridade de vehículos coas novas dimensións dos pasos de peóns elevados.
Na zona de A Casanova, en Celeiro, ao longo do tempo sucedéronse accidentes no cruce de acceso a Atalaia, o último días atrais, cando varios vehículos se viron implicados nun accidente que produxo danos persoais de gravidade. O cruce, non ten moi boa visibilidade en ámbolos dous sentidos, pero é de vital importancia para as veciñas e veciños da Casanova e Atalaia que o utilizan diariamente, para acceder e sair dos seus domicilios. A maior parte destes accidentes son provocados polo exceso de velocidade dos vehículos que circulan pola LU-862 debido a que a sinal de limitación de velocidade a 50 km/h se atopa no mesmo cruce, e non existe ningún tipo de sinalización en sentido Viveiro que obrigue a reducir a velocidade con anterioridade.
Nas obras que está a realizar a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, na sinalización horizontal, permítese o acceso ao Cruce da Atalaia, que é imprescindible, pero non se fixo previsión dun carril secundario de acceso ou de aceleración por falta de espazo no ancho da estrada.
Co fin de garantir a seguridade de veciñas e veciños e peóns, que circulan pola LU-862 e beirarrúas, sería imprescindible a modificación da situación da sinal de 50, e instalala uns cen metros máis arriba dirección Area. Así como por parte da Consellería, instalar algún tipo de elemento reductor de velocidade que impida aos vehículos circular a velocidades inadecuadas e perigosas para os usuarios.
ACORDO
1. Instar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras a mellorar as condicións de seguridade da LU-862 ao seu paso pola Casanova en Celeiro.
2. Solicitar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras a modificación da sinalización vertical no cruce de Acceso á Atalaia, sentido Viveiro, e trasladar a sinalización de limitación de velocidade a 50, uns cen metros en dirección Area, e a colocación de algún tipo de elemento que obrigue a reducir a velocidade dos usuarios da estrada ao seu paso pola Casanova.
3. Dar traslado, do presente acordo aos Grupos Parlamentares do Parlamento Galego para o seu coñecemento.



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



