CONCELLO E CENTRO DE DÍA A CONCORDIA ORGANIZAN VARIAS ACTIVIDADES AO LONGO DAS VINDEIRAS SEMANAS. O 19 DE SETEMBRO ARRINCA O PROGRAMA QUERO SENTIRME BEN, DESTINADO A FOMENTAR O BENESTAR DOS MAIORES DE 60 ANOS.
Ribadeo, 13 de setembro de 2012. O Concello de Ribadeo e o centro de día A Concordia organizan varias actividades ao longo das vindeiras semanas. Quero sentirme ben é o nome do programa que dará comezo o vindeiro 19 de setembro destinado a fomentar o benestar dos maiores de 60 anos, segundo explicou esta mañá a concelleira de Saúde e Servizos Sociais, Teresa González Piñeiroa.
Dito programa consta de 12 sesións que serán impartidas pola psicóloga do centro na Casa del Viejo Pancho os mércores de seis e media a sete e media da tarde. A edil nacionalista sinalou que “o que tentaremos será traballar co benestar das persoas, traballará a saúde física, a saúde mental e as relacións sociais. Está destinado a persoas maiores de 60 anos e que non sufran un deterioro cognitivo”. González Piñeiroa dixo que “nesas sesións poderán aprender estratexias e habilidades para afrontar as dificultades e os problemas que lles poidan xurdir no día a día e sobre todo fomentar a súa autoestima, a súa actividade física e evitar caídas do seu estado anímico”.
O vindeiro 1 de outubro celébrase o día internacional do maior. Para conmemoralo o centro de día A Concordia e o Concello organizarán diversos actos. Un deles xa está en marcha, trátase dun concurso de fotografía sobre o envellecemento. Nesta cita poden participar todas aquelas persoas que non se adiquen profesionalmente á fotografía. A concelleira de Saúde e Servizos Sociais indicou que “as fotos poden entregarse ata o 25 de setembro no centro de día A Concordia e o 1 de outubro terá lugar a entrega de premios. Despois con todos os traballos presentados realizaráse unha exposición ou proxección na oficina de turismo, posiblemente”.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



