![]()
O equipo feminino empeza a Liga coa viaxe a Pamplona
O Orvina será o rival do Burela FS Pescados Rubén Feminino na primeria xornada da Liga 2012-2012 (sábado 19:30 horas). As de Javier Pardeiro viaxan coa ilusión posta nunha nova tempada na máxima categoría. Varias son as novidades do cadro mariñao, no que destaca a volta de Lucía tras meses de inactividade por lesión. Tamén Haydee adestrou con normalidade desde o luns, polo que podería ter uns minutos no debut das laranxas.
As rivais do Pescados Rubén contan nas súas filas con Sara Iturriaga, procedente do Atlético Navalcarnero e que anotou 30 tantos a pasada tempada. Tamén cabe mencionar a rapidez de Berta Velasco, como unha das súas principais armas ofensivas. Como dato de interese, falar que a cancha do Orvina ten fama de ser esvaradía, o que non favorece precisamente a estabilidade e o xogo técnico.
O Burela FS Feminino mantén o bloque das últimas tempadas, con incorporacións interesantes como a da brasileira Dany. O vindeiro partido das xogadoras laranxas será en Vista Alegre ante o Gironella (sábado 22, 18:30 horas).




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
