Unifoz, ten que criticar unha vez máis a pasividade e falta de previsión e organización de este E. de desgoberno do PP de Foz, por non facer nada para a posta en marcha dun Plan de Emprego aprobado no seu día na corporación e o reforzo de servizos municipais.
Aínda que entendemos que o mencionado Plan tiña que haberse posto en práctica nos meses de verán por ser en esta época cando o Concello ten máis necesidades de reforzar servizos, ao día de hoxe hai servizos que necesitan ser reforzados con urxencia:
Axuda no Fogar, hai servizos que necesitan con urxencia ser reforzados caso do servizo de Axuda no Fogar, onde so dispoñemos de dúas persoas e dentro de pouco tempo a o rematar contrato unha das persoa, so quedará unha persoa.
Cultura, unha vez máis os veciños de Foz, non disporán de Biblioteca polas tardes, por non cubrir o servizo por vacacións do persoal titular.
Formación, este E.G, non programou dende a súa toma de posesión nin unha soa actividade de formación, sendo isto unha prioridade para complementar a formación dos nosos veciños, algo que si facía o E.G en anos anteriores.
O Sr Alcalde ten partida suficiente para poder cubrir estes servizos , e ten o compromiso de facer un Plan de Emprego aprobado na Corporación, pero como é de costume, a os acordos plenarios pasan de todo.
O Plan de Emprego ten que ter como obxectivo reforzar servizos e amortecer a grave situación de desemprego que están sufrindo os nosos veciños/as.
É bo recordarlle a este E.DG. que aínda que rematara ao verán hai servizos que hai que seguir mantendo e coidando (rutas,paseos,limpeza )
Todo isto, so demostra que ao Sr Alcalde non lle preocupan as necesidades dos nosos veciños, como o confirma tamén a súa ausencia na Manifestación de ALCOA do pasado xoves, seguramente por que lle preocupa máis o PP, que ALCOA.