O domingo día 9 celebrouse a V Edición da Carreira Monte de Santa Cruz organizada polo Club Atletismo Ribadeo, na que participaron 214 Atletas nas distintas categorías, chegados dende distintos lugares da comunidade galega e da veciña Asturias.
A proba tivo lugar nas pistas forestais do Monte Santa Cruz sobre unha distancia de 8Km 300m.
Os resultados nas distintas categorías foron os seguintes:
Categoria Absoluta Masculina:
1º-Juan Pena Holguin. Club Coruña Cimáns. Tempo: 28:58
2º-Jose Manuel González Castrillón do Club Cao Navia. Tempo: 30:07
3º-Delio Val Villarino, Independente Tempo: 30:53
Categoría Absoluta Femenina:
1º-Leticia Prieto Díaz do club Recta Final Tempo: 35:50
2º-Begoña Benegasi Álvarez, Independente Tempo: 39:21
3º-Lorena Christie, do Club Albións Tempo: 39:58
Por equipos o primeiro foi Atletismo A Gándara de Monforte, segundo Cao Navia e terceiro Verxel Nutrición Deportiva.
O primeiro ribadense en cruzar a línea de meta foi Miguel Balsa lombardero cun tempo de 32:52 entrando sexto na xeral absoluta.
A primeira muller ribadense foi Esperanza Fernández Santamarina cun tempo de 47:18.
Parabéns para os nosos representantes!!!!!
En canto os máis pequenos, cunha gran participación en tódalas categorías:
PITUFOS
MASCULINO NOME APELIDO APELIDO CIDADE CLUB
1º DIEGO RODRIGUEZ SANCHEZ LUGO INDEPENDENTE
2º SERGIO VALLES GARCIA PRAVIA INDEPENDENTE
3º JORGE CARRAL QUINTAS LUGO INDEPENDENTE
FEMININO NOME APELIDO APELIDO CIDADE CLUB
1º ANDREA RODRIGUEZ DORADO RIBADEO CLUB ATLETISMO RIBADEO
2º NADIA LLANA FERRERAS GIJON INDEPENDENTE
3º IRENE SUAREZ FERNANDEZ RIBADEO INDEPENDENTE
PREBENXAMIN
MASCULINO NOME APELIDO APELIDO CIDADE CLUB
1º MARCOS SANCHEZ MANZANO GIJON GIJON ATLETISMO
2º JOEL LOPEZ FERNANDEZ LUGO INDEPENDENTE
3º NICOLAS ALVAREZ FOJO RIBADEO CLUB ATLETISMO RIBADEO
FEMININO NOME APELIDO APELIDO CIDADE CLUB
1º ANA CORTÉS FERNÁNDEZ LUARCA INDEPENDENTE
2º VALERIA ALVAREZ FOJO RIBADEO CLUB ATLETISMO RIBADEO
BENXAMIN
MASCULINO NOME APELIDO APELIDO CIDADE CLUB
1º QUIQUE LOPEZ MARTINEZ GIJON GIJON ATLETISMO
2º DANIEL LOPEZ FERNANDEZ LUGO INEPENDENTE
3º RAUL DIAZ DE LA FUENTE O CORGO CLUB ARUMES DO CORGO
FEMININO NOME APELIDO APELIDO CIDADE CLUB
1º PAULA ACEVEDO GAYOL TAPIA INDEPENDENTE
2º CARLA IGLESIAS LASTRA VEGADEO INDEPENDENTE
3º ANDREA REIJA TORRON O CORGO CLUB ARUMES DO CORGO
ALEVIN
MASCULINO NOME APELIDO APELIDO CIDADE CLUB
1º FRANCISCO JAVIER AMOR LLOPIS RIBADEO INDEPENDIENTE
2º ADRIANO HORTAL PRIETO RIBADEO INDEPENDIENTE
3º LORENZO LOPEZ CUSIMANO BOAL CLUB ATLETISMO RIBADEO
FEMININO NOME APELIDO APELIDO CIDADE CLUB
1º PAULA CALVIN URIZ TATAMUNDI ALBIONS
2º AITANA VALLÉS GARCIA PRAVIA CLUB CORVERA
INFANTIL
MASCULINO NOME APELIDO APELIDO CIDADE CLUB
1º OSCAR GONZALEZ FRESNO GIJON INDEPENDENTE
2º IAGO FREIJE MARIÑO RIBADEO CLUB ATLETISMO RIBADEO
FEMININO NOME APELIDO APELIDO CIDADE CLUB
1º BARBARA ARGÜELLES ACEVEDO TAPIA INDEPENDENTE
2º LUCIA LOPEZ IGLESIAS LUGO SAN FERNANDO LUCUS CAIXA RURAL
CADETE
MASCULINO NOME APELIDO APELIDO CIDADE CLUB
1º DAVID DARRIBA LINDIN RIBADEO CLUB ATLETISMO RIBADEO
FEMININO NOME APELIDO APELIDO CIDADE CLUB
1º HELENA DARRIBA LINDIN RIBADEO CLUB ATLETISMO RIBADEO



















Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
