O BNG DE LOURENZÁ CONSIDERA QUE OS MOVEMENTOS DO PP LOCAL SÓ RESPONDEN Á AMBICIÓNS PERSOAIS
Os nacionalistas laurentinos consideran que o alcalde “fuxe” cos deberes sen facer o co Concello case en creba
Lourenzá, 15 de setembro de 2012. O BNG de Lourenzá considera que a renuncia do señor Vidal Martínez Sierra á alcaldía demostra unha vez máis a verdadeira finalidade da súa traxectoria política, enfocada basicamente ao enriquecemento persoal e movida por ambición de poder sempre por diante dos intereses dos veciños aos cales representaba. Recordan os nacionalistas laurentinos que o señor Martinez Sierra sempre empregou a súa posición para o seu enriquecemento persoal dende antes incluso de ser nomeado Xefe Territorial de Pesca en Celeiro de Viveiro dun xeito pouco menos que provisional, pois estivo no cargo apenas un ano, posto que só deixou iso si despois de “autoaprobarse” el e o seu equipo de goberno en maioría unha dedicación exclusiva para el mesmo como alcalde de Lourenzá, dedicación por outro lado incomprensibel para un Concello como o de Lourenzá que con pouco máis de 2400 habitantes ten un dos alcaldes máis caros da Mariña, máis incluso que Viveiro ou Ribadeo que quintuplican a poboación de Lourenzá. Neste senso se expresou o portavoz do BNG de Lourenzá César Docampo : “ Moitos son os que recordan cando este home chegou ao Concello de Lourenzá que pouco menos viña cunha man diante e outra detrás e agora mira ti din, de tódolos xeitos isto a nos non nos sorprende dunha persoa á que nunca lle interesaron Lourenzá nin a súa xente, só a súa carreira política, a súa promoción persoal e o crecemento da súa conta corrente. Dende o BNG de Lourenzá só podemos recordarlle que debido a súa xestión o único que nos deixa é un Concello case arruinado e cunha morea de promesas no aire que nunca se chegaron a cumprir como o a ampliación, mellora do campo de fútbol de Santa Cruz, a urbanización de vivendas públicas para xoves, a ubicación dunha praza pública no Campo dos Bolos e así a maioría das súas promesas que só eran fume preelectoral, en moitas das cales nin sequera se chegou a facer a primeira xestión precisa. De tódolos xeitos que saiba que o BNG non lle desexa mal ningún, nin sequera por abandoar o barco cando afunde e que lle damos as GRAZAS POR NADA”.
Como é máis que previsibel a marcha de Vidal Martínez como parlamentario implicará a saída da señora Enma Álvarez de dita institución, e chegados a este punto o BNG laurentino tamén quere lembrar a traxectoria da parlamentaria e concelleira de Lourenzá Enma Álvarez pois ao entender dos nacionalistas nunca moveu un so dedo pola comarca e moito menos polo Concello de Lourenzá, neste senso o concelleiro nacionalista César Docampo espetou: “A señora Álvarez sempre estará no recordo de todos como a que vendeu a moi baixo prezo a moitos dos seus veciños no ERE Hermida, ou como unha das responsables do problema do acceso aos montes de San Lourenzo na parroquia de San Xurxo. O certo é que como parlamentaria non lle aportou nada ao noso Concello, e como Concelleira de Servizos Sociais o único que fixo foi subir as taxas dos servizos de atención no fogar case un 400%, por todos estes feitos GRAZAS POR NADA señora Álvarez”.
Os nacionalistas laurentinos saben certamente da existencia dunha guerra interna no PP de Lourenzá por facerse cun sillón no pazo do Hórreo o que evidencia unha vez máis que estes movementos non responden máis que a ambicións persoais pouco relacionadas co que debería de ser unha boa praxe política.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



