RUTA CLAUSURA DE TEMPADA DE SENDEIRISMO. ACD.XOVE
Para o vindeiro domingo día 11 de Novembro, o grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, esta a preparar a Ruta Clausura da Tempada-2012.
Farase a Ruta “Costa de Xove II”, con saída na Praia de Portocelo, para levarnos todo pola Costa ata o Cabo Morás. Un total de 12.5 km. visitando, miradoiros de gran beleza natural (Punta Merixe, Coto da Vela, Illa de Sarón, A Atalaia, O Coitelo, etc…)
A continuacion, unha vez feita a Ruta, o grupo xuntarase no Restaurante “A Cancela” de Moras, para xantar un cocido galego.
Programa:
as 10:00h. Xuntanza de todolos Sendeiristas no Rte. A Cancela de Morás.
as 10:15h. Saída para a Praia de Portocelo en Autobús.
as 10:30h. Saída da Ruta.
as 14:00h. Chegada a o Rte. A Cancela e xantar.
INFORMACION E INSCRICION: na Piscina Municipal de Xove, ata o xoves día 8. Inscrición GRATUITA.
Prezo do Cocido Galego: 18.-€/persoa.