Concepción Burgo afirma que “en Lugo hai 27.000 razóns” para pedir un cambio e “votar ao PSOE”
-A cabeza de lista por Lugo, que se reuniu cos dirixentes das tres principais centrais sindicais na provincia, prometeu “unha actitude distinta, de concerto e diálogo” fronte á do PP, de “maltrato e ninguneo”
-“Xa vemos de que maneira lle cadran as contas a Feijóo, facendo trampas”, destacou o número dous da candidatura, Carlos González Santín
A cabeza de lista do PSdeG-PSOE por Lugo, Concepción Burgo, e o número dous da candidatura, Carlos González Santín, participaron esta mañá nunha reunión cos dirixentes das tres principais centrais sindicais na provincia. Burgo destacou que en Lugo “hai 27 mil razóns” para pedir un cambio e “votar ao PSOE”, en referencia ao actual número de desempregados. A socialista lembrou que o paro en Lugo “incrementouse nun 35%” desde que goberna Feijóo, e moitos dos afectados atópanse ademais “nunha situación desesperada, porque moitos xa non teñen ningún recurso”. Na reunión fixo referencia ademais a temas como o de Alcoa, “nos que o PP, como en tantas outras ocasións, segue sen dar solucións e con enganos á xente, xogando cos postos de traballo nun tema que é extremadamente grave para a provincia”.
A candidata socialista destacou que os sindicatos son unha das institucións “máis maltratadas” e “ninguneadas por Rajoy e Feijóo” con temas como a reforma laboral, en contra da necesidade “dunha negociación e diálogo”. Neste senso, asegurou que o PSdeG vai poñer en marcha “políticas de crecemento, que son as que traerán emprego a este país” nunha aposta polos sectores produtivos. “Imos ter unha actitude distinta, de concerto, de diálogo, de tratar os problemas coa xente e cos sindicatos” antes de tomar decisións.
Pola súa banda, o número dous da lista luguesa, Carlos González Santín, contrapuxo a actitude do candidato á Xunta Pachi Vázquez, que fala “dos problemas da xente” á de Feijóo, que só se preocupa “por temas como a conferencia de presidentes e que lle cadren as contas, que xa vemos de que maneira lle cadran, porque o Consello de Contas di que o señor Feijóo fai trampas, e quero recordar que é o maior órgano que fiscaliza as contas de Galicia. Presume das súas contas e a súa xestión, que é nefasta”.




















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



