A CIDADE DOS MUSEOS
Hai un tempo, co título “Turismo cultural e ambiental”, a Universidade de Vigo celebrou un curso de verán, cuxas ponencias chegaron a nós. Delas extraemos contidos que poderían ser motivo de reflexión, para quen na nosa bisbarra están na obriga de pór en valor os recursos turísticos, entre os que ten unha sinalada importancia o patrimonio cultural dos pobos. Éste fórmano, según a Unesco, as obras dos seus artistas e artesáns, arquitectos, músicos e escritores, así como as creacións da alma popular: as obras, materiais e inmateriais, que expresan a creatividade dese pobo: a lingua, os ritos, as crenzas, lugares e monumentos históricos, a literatura…O patrimonio cultural, en calquera das formas, é un recurso moi significado, e a conservación e respecto obrigan a non cometer con eles, nen permitir, tipo algún de agresión; é un deber e unha responsabilidade, amais de obriga institucional. A experiencia e os estudos din que a pequena escala, é decir a local, non é a mais axeitada para a potenciación turística. Os expertos sinalan que é a comarca o espazo idóneo para promover, con sensatez i eficacia, o desenvolvemento turístico.
“Os museos, dada a propiedade como mediadores culturais e a diversidade tipolóxica, constituen un importante recurso para o Turismo” di a Unesco. Mondoñedo conta cun importante museo Diocesano, pero existen ademais outras facetas de especial relevo na historia do pobo. Esquencido (¿?) o de Cunqueiro, tiña que contar xa, cando menos, cun museo da cerámica popular, o da música e, por suposto, o museo da prensa e a imprenta. Coidamos que non é preciso extenderse nas razóns obxetivas, ben coñecidas, que avalan a proposta. En todo caso nós propugnamos a Mondoñedo como Cidade dos Museos, pola monumentalidade e a historia da mesma, para maior esplendor e atractivo de toda a comarca. A suxerencia é compatible coa presencia de museos diversos noutros lugares da bisbarra, onde xa existen, e mais que ogallá xurdiran, públicos e privados, algúns de sinalado interese. Sen dúbida a rede museística da Maríña, con epicentro na Cidade dos Museos, potenciaría a todos e a cada un deles. E tamén ós pobos.
Suso Fernández



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



