A Deputación insta á Xunta a clarificar se é viable compensar a perda da paga extra ós empregados públicos do ente provincial
– O organismo lugués solicita á Consellería de Presidencia que traslade ó Consello Consultivo de Galicia a súa petición dun ditame facultativo no que analice a posibilidade de compensar a perda da retribución que suprimiu o Goberno de Rajoy
– A Deputación dá este paso en cumprimento do seu compromiso -formalizado no Pleno do 25 de setembro- de buscar alternativas para protexer no posible, e garantindo a máxima seguridade xurídica, os dereitos adquiridos polos traballadores
A Deputación de Lugo vén de solicitar formalmente á Xunta de Galicia que se pronuncie sobre se é viable ou non compensar a perda da paga extra de Nadal ós empregados públicos do organismo provincial, unha retribución suprimida polo Goberno de Rajoy a través do Real Decreto Ley 20/2012, de 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade presupostaria e de fomento da competitividade. A institución luguesa dá este paso en cumprimento do seu compromiso -formalizado no Pleno do 25 de setembro- de buscar alternativas e fórmulas para protexer no posible, e sen incorrer en ilegalidades ou fraudes de lei, os dereitos adquiridos polos seus traballadores.
Deste xeito, o Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, remitiu á Consellería de Presidencia unha resolución -acompañada dos correspondentes informes técnicos provinciais- pedíndolle que traslade ó Consello Consultivo de Galicia, a máxima autoridade xurídica da Comunidade Autónoma, a súa petición dun ditame facultativo no que analice a intención da Deputación de compensar dalgún xeito a perda da paga extra ós seus empregados, tanto ós de San Marcos, como ós dos organismos dependentes: INLUDES, Fundación TIC e SUPLUSA.
A primeira na historia
Trátase da primeira vez na historia da Comunidade galega que unha administración local utiliza este procedemento, é dicir, que require por medio da Xunta un ditame facultativo ó Consello Consultivo de Galicia, un recurso ó que acode dada a relevancia e complexidade do asunto e co obxectivo de garantir a máxima seguridade xurídica.
O Consello, como Órgano Superior Consultivo da Comunidade Autónoma, é unha institución de natureza xurídica que, con carácter xeral, actúa preceptivamente na súa función de control xurídico de todas as Administracións Públicas de Galicia. Entre as súas funcións, destaca a de solventar dúbidas xurídicas, con carácter facultativo, cando estas teñan a suficiente complexidade ou relevancia. No caso de que as interesadas sexan as administracións locais, sempre deben solicitar o seu ditame a través da Consellería competente en Administración Local, mecanismo que estrea a Deputación de Lugo.





















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



