As casas da cultura de Valadouro e Alfoz acolleron hoxe sendos mitins do PP
Balseiro: “Uns empregarán os votos para gobernar contra o PP, nos empregarémolos para gobernar para todos”
No mitin José Manuel Balseiro, acompañado de Pilar Rojo e Vidal Martínez Sierra, refiriu á implicación do goberno de Núñez Feijóo cos concellos de Alfoz e o Valadouro
Entre as medidas acometidas, Balseiro destacou as obras levadas a cabo no Valadouro con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental e o importante investimento para saneamento de núcleos rurais e a creación de vivendas comunitarias en Alfoz
A Mariña, 14-10-2012.- “Uns empregarán os votos para gobernar contra o PP mentres que nos empregarémolos para gobernar para todos”, así o puxo de manifesto o popular, José Manuel Balseiro durante os mitins celebrados hoxe no Valadouro e Alfoz e no que tamén interviron a candidata, Pilar Rojo, asi como o popular laurentino, Vidal Martínez Sierra.
Para José Manuel Balseiro; Alberto Núñez Feijóo en época de crise soubo facer un diagnóstico correcto “fixou obxectivos e tomou as medidas pioneiras, sabendo poñer en marcha a austeridade e as reformas cando moitos non viron a crise”. Esta xestión do dirixente popular, “digna de alago”, permite que Galicia conte cun goberno “estable e con unidade de criterio”, fronte “a inestabilidade que conlevaría a posible coalición que podería formarse nun futuro” tras as eleccións “se os galegos non votan maioritariamente ao PP”.
Neste contexto, Balseiro asegura que “se dous foron un desastre, cinco poden ser un desequilibrio total”, polo que o candidato mariñán pide que “se preserve o que se está facendo ben, e ter catro anos máis para finalizar a faena”.
Durante o mitin, o popular fixo referencia aos compromisos de Alberto Núñez Feijóo cos veciños de Alfoz e o Valadouro. Así, José Manuel Balseiro refiriu en concreto “ao factor de reequilibrio territorial”, que representou o Fondo de Compensación Ambiental para os concello do Valadouro. Este fondo de compensación, procedente do canon eólico, permite por primeira vez aos concellos galegos beneficiarse directamente da explotación de enerxía eólica.
Así, o concello mariñán recibiu en axudas vencelladas a este programa preto de 600.000 euros, que se teñen adicado á rexeneración e acondicionamento de espazos naturais, así como á mellora de instalacións nos núcleos de poboación. Entre as obras acometidas con cargo a este Fondo, Balseiro citou o acondicionamento, paseo fluvial e servizos do Río Ferreira e as melloras urbanas na praza de Santa María e Saneamento en Moucide.
En canto aos acometidos no concello de Alfoz, José Manuel Balseiro citou a inversión superior a 160.000 euros para saneamento nos núcleos de Santa Mariña, Barral e Correlos, así como a creación de vivendas comunitarias, coa dotación de dez prazas, cunha inversión superior aos 84.000 euros.

















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



