AS SAN LUCAS
Cada outono, dende hai séculos, Mondoñedo convértese en lugar de cita para milleiros de festeiros e feirantes de diversos puntos de Galicia, e de fora dela, atraídos pola singularidade dun acontecemento prestixiado ó longo dos tempos: as súas nomeadas feiras e festas das San Lucas. Dí Alvaro Cunqueiro, no seu Merlín e Familia, que é esta unha cidade sonada polos seus bispos e polo cabalar das San Lucas, e di tamén que é rica en pan, auga e latín.
A fermosura da ancestral cidade engaiola a quen se acerca a ela co espírito disposto e a sensibilidade receptiva para captar a mensaxe histórica que, desde un desusado silencio, emana das vellas pedras que labraron os seus artesáns; dos sons das melodías que compuxeron os seus músicos insignes e que resoan nas encrucilladas das estreitas rúas, ou dos versos apaixonados dos egrexios poetas, Pero chegadas as datas das San Lucas a cidade adquire unha nova dimensión; o xentío, festexeiro e barullador, invade as rúas e Mondoñedo, cal vella e paciente matrona, acolle no seu regazo amoroso a cantos a ela chegan, á procura dunhas horas de solaz vividas na compaña dunhas xentes ás que a longa historia investiu de fidalguía e do don da xenerosa hospitalidade
As feiras das San Lucas conservan, en boa medida, o feitizo dos vellos feirais e seguen a ser ocasión propicia para mercar os mellores produtos naturais e artesáns da bisbarra; as noces, as castañas e o mel, a cerámica, as pezas de buxo e os cestos de vimbio ou os mais insospeitados artiluxios de antiga usanza, que fan das San Lucas un singular certame comercial, no que prevalecen valores xa case esquecidos e sobre todo, como escribiu Cunqueiro “os potros bravos, os fillos do vento, as greas peludas e asustadizas que para acudir ó feiral patean as pedras da calzada romana”.Mondoñedo conserva o engado da súa personalidade diferenciada.
Cada outono mariñán ten o mais importante evento festeiro, comercial e social nas seculares As San Lucas, efeméride para o encontro obrigado das xentes que se espallan por unha comarca que ten como centro xeográfico a torre da catedral da Asunción, e que acoden á chamada da histórica campá coñecida por A Paula.
Como confirmación da antigüidade das feiras mindonienses, digamos que estas, As San Lucas, son 55 anos mais vellas que a catedral de Santiago. Non falte á cita.
Suso Fernández



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



