Máis de 300 millóns de euros en investimentos recibiu a Mariña lucense gracias á solvencia do Goberno de Núñez Feijóo
. Este orzamento permitiu mobilizar case 40 millóns de euros para preto de 20 actuacións de mellora do abastecemento e saneamento da comarca
. Máis de 13 millóns de euros destináronse a melloras de seguridade viaria en máis de 60 quilómetros das estradas da comarca
. Entregáronse 70 vivendas públicas e destináronse case 3 millóns de euros á urbanización de espazos públicos nos Concellos de Cervo, Viveiro e Ribadeo
Cervo, a 4-10-2012- O candidato número cinco da lista por Pontevedra, Agustín Hernández, viaxou esta tarde a Mariña lucense para facer balance da lexislatura en materia de Infraestruturas.
Nunha rolda de prensa, acompañado, polo Secretario Xeral do PP en Lugo, Coordinador da campaña electoral e número tres da lista ao Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro, Agustín Hernández salientou os máis de 300 millóns de euros que se investiron na Mariña, en materia de Infraestructuras, que permitiron mobilizar case 40 millóns de euros para preto de 20 actuacións de mellora do abastecemento e saneamento nesta comarca.
Matizou José Manuel Balseiro, que este orzamento de 300 millóns de euros é unha cifra histórica na Mariña, xa que nunca un Goberno Autonómico destinou un investimento coma así nesta comarca, quen engadeu que estas cifras, teñen un forte compoñenente social, xa que se dedicou á posta en marcha de actividades relativas á educación, ás residencias, ás escolas infantís; así como un gran esforzo para atender ó mar, con 15 millóns de euros para que o helicóptero Pesca 2 poida operar 24 horas.
Hernández e Balseiro destacaron que a boa xestión, o rigor e solvencia da Xunta de Galicia de Alberto Núñez Feijóo permitiu mobilizar un conxunto de 19 actuacións por un importe de case 40 millóns de euros (37’4 M€) para actuacións en materia de saneamento e abastecemento na zona da Mariña. Entre as actuación destacaron a construción e explotación da EDAR de Ribadeo (18 M€), o abastecemento a Cervo e a Burela (8’5 M€), o emisario Submarino de San Cibrao (2’2 M€), o saneamento en Alfoz (1’9 M€) e os colectores xerais e EDAR de Cervo (1’6 M€).
Destacaron ademáis os populares os máis de 13 millóns de euros que se investiron en materia de seguridade viaria, xa que permitiron mellorar máis de 60 quilómetros de estradas en Foz, Ferreira de Valadouro – Foz, na Bretoña – Lindín, Viveiro – Límite de Provincia. Fixo especial fincapé aquí Agustín Hernández, quen avanzou que este mesmo mes se adxudicará unha actuación que dotará de beiravías a Cangas de Foz, por un importe de 235.000 euros.
Resaltaron ámbolos dous candidatos ao Parlamento de Galicia, unha infraestrutura de grande importancia para esa zona: a Vía de Altas Prestacións (VAP) da Costa Norte, que ten un 50% da súa lonxitude en obras ou en execución. Adiantou , Hernández, que este mesmo trimestre rematarase a Variante de Ortigueira de case 10 quilómetros e cun investimento de 48,7 millóns de euros, unha cantidade económica similar se dedica ao treito Celeiro – San Cibrao, de 8 quilómetros e uns 54 millóns de euros, e que servirá de Variante de Cervo.
OBRAS EN MATERIA DE URBANISMO
Puxeron de manifesto os populares as obras en materia de urbanismo, como a nova praza de Cervo, o equipamento do Concello de Viveiro, ou a 1ª fase recuperación núcleo de Rinlo. Tres actuacións para o benestar dos cidadáns que se traduciron en 2’4 millóns de euros.
Outra das actuacións para mellorar a calidade de vida dos cidadáns da Mariña centráronse en facilitar o acceso á vivenda. Na actual lexislatura, entregáronse 70 vivendas de promoción pública nos municipios de Burela, Mondoñedo, Valadouro e Cervo. Unha política de actuación continúa coa redacción do proxecto de outras 36 VPP en Alfoz, Ourol e Trabada. Ademais, o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) destina preto de 3 millóns de euros en axudas á vivenda.
PASEO POR FOZ
Logo da rolda de prensa, Agustín Hernández e José Manuel Balseiro, levaron a cabo un paseo por Foz. Xunto aos candidatos 9 e 13 ao Parlamento de Galicia, Vidal Martínez-Sierra e Jesús López Penabad, ao olcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira e demáis concelleiros da zona, Agustín Hernández e José Manuel Balseiro responderon a preguntas dos xornalistas, sobre a tarifa eléctrica de Alcoa. Lembraron que, por primeira vez, un Ministro do Goberno Central se implicou na súa solución e auguraron que no 2013 que haberá un sistema que garantirá a competitividade da fábrica en canto á enerxía eléctrica.
XUNTANZA CON VECIÑOS DE MONDOÑEDO
Logo do paseo por Foz, Agustín Hernández e José Manuel Balseiro e demáis representantes do PP na Mariña dirixíronse a Mondoñedo, onde os agardaba a Presidenta do PP mindoniense e Voceira da Deputación de Lugo, Elena Candia para acto seguido manter unha xuntanza con veciños de Mondoñedo, quenes lle trasladaron as súas suxerencias e peticións.

















Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



