DUELO GALEGO DE CONTRASTES (VIAXES AMARELLE FSF-BURELA FS)
O Burela FS Pescados Rubén ultima os detalles para un novo duelo galego. O pavillón coruñés da Sagrada Familia (18.00 horas) acollerá o encontro ante o novel Viaxes Amarelle FSF, un derbi de contrastes, entre o farol vermello das locais e o coliderado das laranxas.
A dinámica positiva das mariñás, con catro triunfos consecutivos, bate coa cuadrícula baleira das herculinas, despois estrearse na Primeira División cun complicadísimo inicio de calendario, Atlético de Madrid (7-0), Orvina (9-1), Gironella (0-6) e Ponte Ourense (6-2), ademais da xornada de descanso.
Sen dúbida, poderá vivirse un encontro moi intenso, con grande ambiente na bancada apoiando as dúas escuadras, no que o Burela FS ten as cousas moi claras: imporá un ritmo forte para incidir na angustia pola que está atravesando o seu rival. A única ausencia do Pescados Rubén será Haydee; no vestiario do Amarelle será dúbida Lucía Rosado, por sobrecarga.
O último duelo entre coruñesas e mariñás foi en setembro na fase de grupos da XXII Copa Galicia, con vitoria para as de Pardeiro (6-2).
Un día en rosa, 19 de outubro
O conxunto laranxa tivo a honra de conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama esta mañá apoiando a asociación burelá Esperanza. Xunto á presidenta do colectivo, Dulce Remigio, e varias das súas representantes, as xogadoras Dolo, Maite, Lidia e Patricia participaron na campaña ‘Un día en rosa’; colaboraron nas mesas informativas colocadas na praza do Concello e no Hospital da Costa repartindo centos de lazos rosas para concienciar a poboación sobre a enfermidade e recadando fondos destinados ao Grupo Español de Investigación de Cancro de Mama. O coordinador da Unidade de Mama do Hospital Universitario de Lugo, Manuel Vázquez Caruncho, puxo o peche á iniciativa cunha conferencia no centro de saúde da vila, ‘Cancro de mama: novidades terapéuticas, prevención e expectativas de futuro”.
A asociación Esperanza está integrada por máis de douscentos membros e entre as súas actividades diferentes cursos (pilates, bordado…), organizan excursións e colaboran co mercado benéfico de Nadal do colectivo burelao Vagalume.
As persoas que desexen colaborar co colectivo poden poñerse en contacto con ela chamando ao 617 69 91 64 ou enviando un correo a asociacionesperanzaburela@gmail.com.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
