FAGAMOS FUTUROLOXIA
Ano 2030 na Mariña. O lixo domiciliario espesa as rúas e corredoiras dunhos pobos e vilas onde as ratas crearon o seu imperio. Hai anos que o goberno permite a recollida con periodicidade mensual dos residuos urbanos para aliviar a carga dos asfixiados concellos. Só nos barrios ricos mantense o servizo a diario; só para fogares que poden sufragar 350 euros semanais.
Ano 2030. Escolas segregadas para ricos e para pobres, para nenos e nenas, para legais e ilegais, para listos e para bobos, imparten contidos minimizados acordes coa situación socioeconómica. As bolsas e axudas suprimíronse porque desestabilizan a partida 12558-D, que segundo os expertos, só pode supor o 0,000000004 % do PIB. Nos comedores escolares públicos semibaleiros algúns nenos abren os seus fiambreiras traídas de casa, mentres outros miran como comen.
Ano 2030 na Mariña. Cada paciente achega no momento do seu ingreso no hospital de Burela de xestión privada un xogo de sabas xunto con 400 euros. As listas de espera e os desesperados amontóanse inseparables en corredores e antesalas. As mulleres sen recursos desangranse ao abortar ilegalmente nas súas casas. E ás portas dos ambulatorios inmigrantes sen papeis mendigan medicamentos e atención humanitaria. Algúns sen pernas ou brazos demandan próteses e cadeiras de rodas pousados sobre artefactos caseiros feitos de táboas con rodas, como os de outrora. Aínda abonando a póliza sanitaria de Ana Mato non teñen dereito a soñar con camiñar.
Ano 2030. O Partido da Dereita, que non dos dereitos, volveu gañar as eleccións con maioría absoluta. exerceron tan protocolario dereito dez dos censados, seis votaron ao PP. A comisión electoral valida a legalidade dos procedementos. A maioría da poboación de A Mariña permanece na casa e segue os acontecementos por televisión. O presidente de turno da dereita oculta a porra á cámara mentres defende o abstencionismo como idiosincrásico de cidadáns traballadores, pouco amantes de algaradas rueiras. A Sáenz de Santamaría de turno anuncia novas medidas infernais, despedimentos masivos, sacrificios, poutadas e modulacions, fundamentais para crecer e xerar emprego. A culpa de todo tena un maldito Zapatero, coinciden o presidente e a súa escudeira.
Otero Regal


















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



